Atencion Hospitalaria

Páginas: 37 (9079 palabras) Publicado: 2 de octubre de 2012
ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS

A atención educativa hospitalaria e domiciliaria en Galicia

ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS

A atención educativa hospitalaria e domiciliaria en Galicia

EDITA Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria IMPRIME Tórculo Artes Gráficas, S.A. D.L. C 85-2009

PRESENTACIÓN

“Non hai menciña que cure o que non cure afelicidade.” Gabriel García Márquez

S

ensibilidade é a capacidade que temos os seres humanos para percibirmos e comprendermos o estado de ánimo, o xeito de ser e de comportarse das persoas, así como a natureza das circunstancias e dos ambientes, para actuar correctamente en beneficio dos demais. Sensibilidade é, pois, a primeira calidade que debe posuir o persoal, docente e sanitario, quecomparte a dura experiencia da enfermidade dun neno ou nena con este e coa súa familia. Esta calidade permitiralle ao dito persoal comprender a angustia e a inseguridade que provocan a miúdo nos pequenos e pequenas a doenza e máis a hospitalización; facilitaralle o ser paciente coa desmotivación que acompaña o aburrimento dunha longa convalecencia; levarao a ser flexible para adecuarse ás necesidades eaos ritmos de cada criatura, así como a priorizar a comunicación do alumnado enfermo con outros nenos e nenas; axudarao a valorar o papel das familias e a orientalas para que todos os esforzos a prol do fillo ou filla enfermos converxan nunha soa dirección.

4

Esta sensibilidade, que sen dúbida veñen mostrando xa tanto os docentes das aulas hospitalarias coma os do centro ordinario de ondeproceden as nenas e nenos convalecentes, é un requisito fundamental para o éxito da intervención educativa en circunstancias de enfermidade. A publicación que aquí comeza só quere, xa que logo, apoiar a dita intervención divulgando a existencia das aulas hospitalarias e da atención domiciliaria, ofrecendo documentos que axilicen os trámites e posibiliten a debida coordinación entre todos os axentesimplicados ou presentando ferramentas que faciliten a comunicación dos nenos e nenas enfermos a través das tecnoloxías da información e da comunicación. Pero o máis importante, o achegamento enchoupado de sensibilidade aos pequenos e pequenas que sofren unha doenza e ás súas familias, continúa estando nas mans dos docentes, en quen confiamos. Laura Sánchez Piñón CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN EORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ÍNDICE
PRESENTACIÓN A ATENCIÓN EDUCATIVA HOSPITALARIA Que se entende por atención educativa hospitalaria? IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN Proceso de incorporación e atención do alumnado na aula hospitalaria RESPOSTA EDUCATIVA Que podemos facer desde a aula hospitalaria e desde os centros educativos? Necesidades educativas e recursos necesarios Recursos persoais e materiais dasaulas hospitalarias A intervención educativa hospitalaria Aspectos metodolóxicos xerais O PAPEL DAS FAMILIAS A ATENCIÓN EDUCATIVA DOMICILIARIA Que se entende por atención educativa domiciliaria? IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN Quen a fai e como se leva a cabo? 3

7

13

17 20 21 22 25 27

33 35

RESPOSTA EDUCATIVA Que podemos facer nos centros educativos? Necesidades educativas Recursosnecesarios A intervención educativa O PAPEL DAS FAMILIAS BUSCANDO AXUDA Por onde empezo? PARA SABER MÁIS Referencias lexislativas Referencias bibliográficas Ligazóns de interese CARTA EUROPEA

37 38 38 39 43

46 51 57 68

ATENCIÓN EDUCATIVA HOSPITALARIA

ATENCIÓN EDUCATIVA HOSPITALARIA
Que se entende por atención educativa hospitalaria?

O termo atención educativa hospitalaria faireferencia ao conxunto de accións que se desenvolven nas aulas hospitalarias para compensar a desvantaxe educativa que presenta o alumnado que permanece hospitalizado durante períodos prolongados por motivos de enfermidade ou accidente. Así mesmo contempla a atención educativa ao alumnado que, sen estar hospitalizado, recibe atención médica no hospital de día. Nestas aulas son atendidos nenos e nenas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Atencion Pre Hospitalaria
  • Atención pre-hospitalaria
  • Atención pre-hospitalaria
  • Atencion De Enfermería En Admisión Hospitalaria
  • ATENCION PRE HOSPITALARIA
  • Antifungicos atencion hospitalaria
  • atencion pre-hospitalaria
  • Ensayo atención pre-hospitalaria

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS