Ccss1

Páginas: 2 (331 palabras) Publicado: 24 de octubre de 2011
Colexio Obradoiro Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO
Tema 1: A organización do corpo humano.
1 A célula humana
* A célula é a unidade máis elemental dun ser vivo capaz derealizar as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.
* As células humanas como as do resto dos animais, son células con nutrición heterótrofa e organización eucariota.
* Ascélulas eucariotas teñen unha estrutura básica na que se distinguen a membrana plasmática, o citoplasma e o núcleo celular.
1.1 A membrana plasmática
* Estrutura. A membrana plasmática é unhaenvoltura fina e elástica que separa a célula do medio.
* Función. Dúas funcións: de transporte (controla o paso de substancias do interior ao exterior da célula e viceversa) e de relación (detecta asvariacións que se producen no medio e permite que a célula responda de forma adecuada a elas).
1.2 O citoplasma
* Estrutura. O citoplasma é unha substancia na que se encontran os orgánuloscelulares: as mitocondrias, os ribosomas, o retículo endoplasmático, o aparato de Golgi, as vesículas de almacenamento, os lisosomas, o citoesqueleto e os centríolos.
* Función. No citoplasma prodúcensemoitas reaccións químicas vitais para a célula.
1.3 O núcleo celular
* Estrutura. No núcleo celular distínguense a envoltura nuclear, a cromatina e o nucléolo:
* A envoltura nuclear é unhamembrana dobre perforada por poros que controla o paso de substancias do núcleo ao citoplasma.
* A cromatina constitúe o material xenético da célula e está formada por filamentos de ADN. Cando acélula se reproduce, a cromatina enrólase e transfórmase en cromosomas.
* O nucléolo é unha estrutura esférica na que se fabrican os ribosomas.
* Función. O núcleo controla as funcións celularesa través do ADN. O ADN contén información sobre as características do individuo e dirixe o seu desenvolvemento. Cando unha célula se divide , transmite o seu ADN ás células filla; así, estas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS