CL_A Identidade Gramatical Da Prefixación Nas GH

Páginas: 32 (7783 palabras) Publicado: 13 de octubre de 2015
A identidade gramatical da prefixación nas
gramáticas históricas do portugués e do galego1*
Xoán López Viñas
Universidade da Coruña
Nós não somos do século de inventar as palavras. As
palavras já foram inventadas. Nós somos do século de
inventar outra vez as palavras que já foram inventadas.
(Almada Negreiros, “Nós e as palavras”, Invenção do
Dia Claro, Lisboa, 1921).

1. Introdución
En diversosestudos lingüísticos, a prefixación vén ocupando un lugar polémico
canto á súa identidade gramatical, xa que aparece incluída tanto nos procesos de
derivación como nos de composición. A mesma situación dáse nas gramáticas
históricas do portugués e do galego2, en que a pertenza a un ou outro proceso
varía segundo o autor e non atende a períodos cronolóxicos, escolas lingüísticas
ou territorios.
1Este traballo é un resultado parcial do labor desenvolvido durante unha estadía de investigación de tres meses (de 21/09/2009 a 21/12/2009) realizada no Departamento de Lingüística da Faculdade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa. Para esta
estadía, ao autor foille concedida unha bolsa do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de
Investigación, Desenvolvemento eInnovación Teconolóxica-Incite (2006-2010) da Dirección Xeral
de I+D+i da Xunta de Galicia.
2
Abordamos en primeiro lugar as gramáticas históricas do portugués por seren cronoloxicamente anteriores á primeira gramática histórica galega, de 1909.

240

Xoán López Viñas

A esta indeterminación identitaria da prefixación acrecéntase a formación
de palabras con bases gregas ou latinas (ou “temas”) que, deigual modo, aparecen
vinculados quer á derivación, recibindo na actualidade o nome de “neoprefixos”
ou “prefixoides”, quer á composición, chamados “neocompostos”.
Deste modo, ao longo destas páxinas analizaremos este proceso formador
de palabras nas gramáticas históricas do portugués, elaboradas tanto no espazo
portugués como no brasileiro, e nas do galego. Porén, antes de máis, cómprecontextualizarmos que se entende por gramática histórica e, consecuentemente,
imos explorar cales son as obras que se encadran baixo este binomio. Logo
desta reflexión previa, en que fixaremos de modo provisorio o corpus históricogramatical, examinaremos unicamente aquelas obras que tratan o fenómeno da
prefixación, que é o núcleo fundamental do presente artigo, xa que non se aborda
en todas as gramáticashistóricas.
2. Concepto de “gramática histórica”
Talvez sexa necesario revisar o concepto de “gramática histórica”, como
recentemente indicou Wulf Oesterreicher (2007)3, mais para a elaboración deste
traballo, así como para o estabelecemento do corpus de gramáticas históricas
existentes, é preciso partir de parámetros tradicionais, xa que a maioría das
gramáticas históricas tiveron a súa creaciónnos inicios do século xx, de maneira
que recibiron as teorías dos comparativistas e neogramáticos, principalmente,
alén dos estruturalistas.
Como é sabido, o descubrimento do parentesco do sánscrito co latín e
o grego supuxo o reactivo, cal reacción química, para o estudo dos primeiros
traballos de Lingüística Histórica. Do confronto entre esas linguas, xunto
coa persa e a alemá, xurdiu a gramáticacomparada en 1816 da man de Franz
Bopp e, seis anos despois, a gramática histórica con Jacob Grimm, centrada
na lingua alemá (Yllera 1983: 345-346). En consecuencia, o punto de partida
da lingüística histórica, así como da gramática histórica, sitúase nos inicios do

3
Para este autor, a concepción tradicional de gramática histórica non é válida e expón
unha nova proposta na cal o aspectolingüístico debería estar combinado coas tradicións discursivas, co espazo variacional e co contacto entre linguas.

A identidade gramatical da prefixación nas gramáticas históricas

241

século xix, aínda que anteriormente houbese intentos illados4, e ambas nacen
asociadas ao comparativismo. A partir dese momento, comezan a aparecer
diversas gramáticas históricas, como a de F. Diez, que a mediados do...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Consumo e a construção da identidade juvenil
  • A América Indígena Nas Vésperas Da Conquista Européia
  • Identidadad
  • Gh
  • GH
  • nasa
  • nase
  • la nasa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS