Comentario De Texto

Páginas: 10 (2378 palabras) Publicado: 19 de febrero de 2013
Texto 4

I. Como vemos que toda cidade (pólis) é unha comunidade, e toda comunidade está constituída pra algún ben -pois todos fan todo polo que parece ser bo-, é evidente que todas apuntan a algún ben e, sobre todo, apunta ó ben máis importante a comunidade máis importante de todas e que abrangue tódalas outras: esta é a chamada cidade (pólis), e cidadá (politiké) a comunidade……….Por naturezaestá en todos o impulso cara a tal sociedade, e o primeiro que a estableceu é causante de grandes bens, xa que, tal coma o home cabal é o mellor dos seres vivos, así tamén, afastado de lei e xustiza, é o peor de todos, porque a inxustiza máis inaturable é a que ten armas, e o home por natureza ten armas prá prudencia e a virtude, pero é moi posible que as empregue prós seus contrarios; por eso senvirtude o home é o máis impío e salvaxe, e o peor prás luxurias e as enchentes, mentres que a xustiza é da sociedade porque a xustiza é ordenación da comunidade política, a xustiza é decisión do que é xusto.

ARISTÓTELES; Política libro I 1252a1–1252a23 / 1253a5–a38



Aristóteles, filósofo grego, non nace una polis ateniense. Foi alumno de Platón ata a súa morte polo cal, a influencia dePlatón vai ser fundamental, aínda que rexeitou algunha das súas teses, xa que a súa obra é orixinal.

A Atenas que vive Aristóteles é unha Atenas en crise, onde as loitas políticas internas aumentaron e os enfrontamentos entre polis gregas continúan.

O vello mundo das polis independentes vaise desvanecendo. Alexandro Magno, logo de conquistar en certo modo Grecia, comeza con Asia, expandindo acultura grega, pero Grecia tamén recebirá aporte da cultura asiática. Aristóteles non se vai identificar con este novo mundo helenístico, xa que el ve na polis-estado o marco ideal onde desenvolver unha boa vida.

A filosofía de Aristóteles non abarca temas políticos, xa que estas preocupacións non son tan importantes neste período como o foron no de Sócrates, os Sofistas ou Platón. Aristótelesescribe nunha liña ética e moral, centrado tamén na natureza.

Aristóteles bebe do naturalismo dos xonios, o interés metafísico de Parménides, o sesgo racionalista de sócrates e a vocación ético política da ilustración sofista. E elavora a síntese final da filosofía grega na era clásica, pero o que de verdade o inflúe é Platón do cal toma préstamos e tamén fai críticas.

Aristóteles publicaobras para un gran público (ningunha chegou ata nos) que son as obras exotéricas e tamén escribe obras pedagóxicas, que son escritos que empregou como explicacións na súa escola. Escribiu escritos teóricos que teñen como finalidade alcanzar o coñecemento como tal, escritos prácticos que se ocupan da acción humana, escritos sobre a historia e literatura e escrítos sobre a lóxica. Este texto enconcreto pertence a os tratados de ética e política.

Aristóteles levou a cabo a súa reflexíon sobre a vida social e o exercicio do poder, sobre a organización da convivencia social e o gobernó da cidade, nunha obra chamada Política, e este fragmento pertence a esa obra.

O primeiro fragmento do texto comeza falando da busca dun ben común, que sería a felicidade, esta estaría na polis, e oencargado de que os cidadáns a atopen sería o rei, o gobernante, o amo dos escravos…

No seguinte fragmento fala de que a comunidade perfecta para vivir estaría dividida en varias aldeas, que sería a cidade, e nela atópase o fin, que sería a verdadeira felicidade. A cidade é unha realidade natural e o ser humano é un animal social, e o asocial e inferior ou superior ao home, xa que ou é unha besta ou unDeus.

A cidade está antes que a familia, xa que ninguén é autosuficiente, e se pode vivir so, sen a necesidade de vivir nunha cidade entón estaríamos a falar de alguén asocial, que soe ser superior ao home, que é asocial, se é superior estaríamos a falar dun Deus, e se é inferior dunha besta.

O texto remata falando da idea de xustiza, a xustiza é propia dunha sociedade porque a xustiza é...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Comentarios de texto
  • Comentario De Texto
  • comentario de texto
  • Comentario De Texto
  • comentario de texto
  • COMENTARI DE TEXT
  • Comentario De Texto
  • el comentario de texto

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS