Composici N Guerra Civil Historia De Espa A
A proclamación da II República produciuse o 14 de abril de 1931 tras o triunfo nas cidades da coalición
republicanosocialista nas eleccións municipais celebradas días antes, o que forzou a marcha de Alfonso XIII ao exilio. Nese momento constitúese un goberno provisional presidido por Nieto Alcalá Zamora que ten como obxectivos
fundamentais poñer en marcha as primeiras reformas e convocar eleccións a Cortes Constituíntes para xuño de 1931.
A Segunda República nace nun contexto adverso. A nivel internacional a crise económica derivada do crac de
1929 da Bolsa de N. York ten consecuencias gravísimas para a poboación e nesa situación avanzan os sistemas autoritarios, ditatoriais e fascistas mentes que os sistemas democráticos entran en crise.
Neses anos a situación interna de España está marcada pola división e enfrontamento cada vez máis radical
entre os distintos sectores da sociedade e a presenza aínda sen resolver dos problemas herdados de épocas anteriores. A
nivel político esta situación maniféstase na fragmentación e polarización dos distintos grupos: en primeiro lugar, os autoritarios de tipo fascista (como Falange Española, de J.A. Primo de Rivera) ou de tipo monárquico (como
Renovación Española, de Calvo Sotelo); en segundo lugar, as dereitas representadas por Acción Popular, de Gil Robles,
que será a base da CEDA; en terceiro lugar os republicanos con distintas tendencias: dereitas (Dereita Liberal Republicana, de Alcalá Zamora), centrodereita (Partido Republicano Radical, de Leroux) e de esquerdas (Acción
Republicana, de Azaña); en último lugar, as esquerdas co PSOE/UGT de Largo Caballero e Indalecio Prieto, o PCE de
Dolores Ibárruri ou a CNT e a FAI, de carácter anarquista.
Nas eleccións de xuño de 1931 triunfa alianza republicanosocialista polo que as esquerdas terán o control do poder político. As Cortes, nas que por primeira vez na historia había tres mulleres deputadas, aproban en decembro do
mesmo ano a Constitución de 193 que tiña como principios fundamentais a proclamación da soberanía popular; a
definición de España como unha república de traballadores de toda clase; que España fose tamén un Estado integral
compatible coa autonomía dos municipios e rexións; establece a división de poderes completa na que o poder lexislativo e o control do goberno reside nunhas Cortes unicamerais elixidas por sufraxio universal que elixen ao
Presidente da República e que poden cesalo no caso de abuso dos seus poderes. O poder executivo reside no Presidente
do Goberno, que é nomeado e cesado polo Presidente da República. A constitución tamén establece un Estado aconfesional, como pódese observar no Doc 3, Art.3: “O estado español non ten relixión oficial(...)’’ e recolle en
diversos artigos amplos dereitos e deberes dos cidadáns claramente especificados, polo que o sistema económico
combina o dereito de propiedade privada co dereito do EStado a intervir en asuntos económicos.
Unha vez aprobada esta Constitución, Alcalá Zamora foi elixido como Presidente da República, o cal elixiu a Manuel Azaña como presidente do goberno. O Obxetivo deste era poñer en marcha as reformas para democratizar a vida
política española, modernizar as súas estruturas e mellorar o nivel de vida das clases menos favorecidas. Pero estas
reformas afectan aos intereses dos grupos máis poderosos, que se opuxeron con todos os medios para non perder o seu
predominio.
REFORMAS DO GOBERNO DE AZAÑA
Respecto á cuestión relixiosa, a maioía da xerarquia eclesiástica era moi conservadora e non estaba disposta a perder o
dominio sobre a sociedade. Os sectores anticlericais da sociedade pedían leis que limitasen o poder da Igrexia e mesmo
atacaron violentamente igrexias e conventos pero o goberno non foi quen de frear esta violencia. Despois de aprobar a ...
Regístrate para leer el documento completo.