Creación de conceptos y definición de filosofía

Páginas: 5 (1017 palabras) Publicado: 15 de mayo de 2014
A Creación de Conceptos
Crer:
É dar por certa unha cousa que non está demostrada ou admitir unha idea que non demostramos coas nosas propias mans.
Hoxe en dia utilizase a palabra crer como sinónimo de opinar, pero a diferenza é que crer implica certeza e seguridade e opinar revela falta de seguridade.
Por moito que estemos seguros de algo podemos crer en algo que non estea xustificado ouincluso que non sexa certo.
Crenza:
Unha crenza é unha idea subxectiva, guiada por sentimentos ou vivencias que admitimos por certa pero sen telo demostrado.
Para xustificar unha crenza sen demostrala recurrese á sentimentos, como nas relixións ou ás experiencias, como a maxia. Cando queremos demostrala se recurre ás investigacións científicas ou á experiencia nuns feitos, e pasa a ser unhaverdade, un concepto obxectivo ou un coñecemento.
Na nosa sociedade tamén xustificamos unha crenza se un grupo grande de xente cre o mesmo. Canta mais xente o pense mais coherente é a crenza. Os filósofos din que esto garante a racionalidade dunha crenza, pero non garante se é verdade.

Coñecemento:
É unha crenza que, tras ser demostrada, pasa a ser un concepto obxectivo.
Para chegar a ter uncoñecemento temos que demostralo primeiro, tanto por experiencias personais como por investigacións cientificas.
Un coñecemento non ter porque ser verdadeiro xa que a investigación que leve a ter esa idea como contepto pode ser errónea. Isto denomínase representación incorrecta. Un exemplo de representación incorrecta é o xeocentrísmo, teoría que dí que a Terra está no centro do Universo.
Aconclusión de todo isto é que para crear un concepto ou un coñecemento debe existir unha crenza, unha investigación científica ou empírica e conseguir chegar á verdade



DEFINICIÓN DE FILOSOFÍA



A filosofía non ten unha soa definición senón que hai moitas que se aproximan ó seu sentido e á súa significación, se nos atemos á etimoloxía temos que é o amor á sabedoría, esta preocupación propia detoda a antiguidade clásica grega aparece como “admiración” e precisa como momento previo a satisfacción das necesidades básicas, pero se queremos explicitala máis poderemos dicir que é a reflexión racional que analiza os distintos ámbitos da realidade e as distintas experiencias humanas e se preocupa de coñecelas.

Aínda que ciencia e filosofía son semellantes en tanto que ámbalas dúas sonsaberes racionais, presentan diferencias que fan delas saberes totalmente distintos:

As ciencias delimitan o seu obxecto de estudo, son saberes particulares que parten de supostos obvios e dan solucións ós problemas que estudan. As súas investigacións parten do xa establecido con anterioridade e elaboran leis e teorías que permiten predicir que ocorrerá no futuro dando lugar a un corpo de teoríasunitario e coherente.
A filosofía é un saber universal que se ocupa da realidade no seu conxunto, totalizador porque aborda tódolos aspectos que afectan ós seres humanos, radical porque busca o fundamento e a raíz de todo non dando nada por sentado. Toda reflexión parte de cero e ofrece multitude de respostas e solucións diversas. Tamén é autocrítica porque repensa continuamente os mesmosproblemas analizándoos de novo e abrindo novos camiños para a reflexión.


Os temas da filosofía son resumidos por Kant nas seguintes cuestións:
Que podo coñecer?. Respondida desde a Teoría do Coñecemento, Metafísica e Filosofía da Ciencia.
Que debo facer?. Respondida desde a Filosofía Moral.
Que me cabe esperar?. Respondida desde a Relixión.

E todas elas conducen a pregunta sobre Que é o serhumano?, que se responderá desde a Antropoloxía, Psicoloxía e Socioloxía.



Áreas de coñecemento da Filosofía

Antropoloxía: Coñecemento da natureza do ser humano que permite que o home se coñeza a si mesmo e esclareza a súa posición no mundo en harmonía co resto dos seres da natureza.
Teoría do Coñecemento: Tamén chamada Epistemoloxía, estuda as condicións da esencia e dos límites do...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Definiciones de conceptos de filosofia
  • Definicion De Conceptos
  • Conceptos Y Definiciones
  • Definicion De Conceptos.
  • definiciones de conceptos
  • definicion de conceptos
  • definición de conceptos
  • Definición Y Concepto De Estado

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS