Crise financeira

Páginas: 9 (2199 palabras) Publicado: 13 de mayo de 2015
* Crise financeira: provocada pola evidencia de que os investimentos ferroviarios non eran rendibles. En consecuencia os valores das accións ferroviarias na bolsa baixaron estrepitosamente. Pero o crac bolsista, non foi só ferroviario, a débeda pública e a cotización do banco de España tamén se afundiu. A consecuencia foi que se paralizou a construción da rede ferroviaria e a quebra da metadedos bancos.
Mentres todo isto ocorre en 1866 demócratas e progresistas chegan ao Pacto de Ostende (1866) cun propósito común: Derrocar a Isabel II e a Elección dunha Asemblea Constituínte por sufraxio universal (decidirá monarquía ou república).
En 1867 (morre O´Donnell) e a Unión Liberal únese ao pacto de Ostende, pero para cambiar a monarquía, non para substituíla pola república, en 1868 morre osustento da coroa, Narváez. O goberno de González Bravo será determinante pola gran represión que desencadea contra a oposición que fai que esta se unha e a revolución non teña xa impedimentos para triunfar.

A organización económica na España isabelina.


No século XIX prodúcese nalgúns países de occidente a revolución industrial que se iniciou en Inglaterra no século XVIII. A revoluciónindustrial fundamentouse nunha serie de cambios de tipo legal, pero sobre todo cambios na demografía e no sector agrario. Os historiadores condicionan o triunfo da revolución industrial a unha previa revolución agrícola. En España non se produciu a revolución agrícola na primeira metade do s.XIX e iso condicionou do todo a nosa economía e a súa posterior evolución.

A AGRICULTURA DURANTE O REINADO DEISABEL
As actividades agrarias no s.XIX seguen tendo un papel fundamental na economía xa que achegan o 50% da renda nacional (PIB), dá traballo ás dúas terceiras parte da clase traballadora e constitúen o esencial das exportacións. O resto dos sectores económicos aínda dependen das actividades agrarias.
Os problemas da agricultura española do s.XIX son os propios dunha actividade poucoevolucionada, tradicional, de tecnoloxía atrasada, baixos rendementos por hectárea e por hora de traballo, e unha desigual repartición da terra e da propiedade. Neste aspecto na España do norte, as explotacións son demasiado pequenas, domina o minifundismo: pero no sur domina o latifundismo. Os propietarios pretenden arrendalos e explotalos ao xeito tradicional. A propiedade da terra esta fundamentalmenteen mans da nobreza, e ata as desamortizacións tamén da Igrexa e os concellos. Esta concentración da propiedade en poucas mans acentuásese coas desamortizacións.
Este panorama reflexa un modelo de agricultura tradicional propio do antigo réxime, sobre o que era preciso un profundo cambio, a revolución da agricultura que permitise aumentar a produtividade por superficie cultivada, pero tamén porunidade de tempo e que permitise ao propietario obter beneficios que investidos en parte, posibilitasen mellorar as explotacións.
A revolución agrícola produciuse en Inglaterra e Holanda no ultimo terzo do século XVIII; estábase producindo no resto de Europa occidental, se embargo, no noso país no s. XIX non houbo unha revolución agrícola, que é un dos factores previos á industrialización. Asrazóns fundamentais son a mentalidade dos propietarios da terra (maiormente a nobreza) pero tamén da maior parte da burguesía que compra bens desamortizados, teñen unha mentalidade rentista, é dicir, vían nas súas propiedades un instrumento para obter rendas, non un instrumento de produción para obter beneficios; en definitiva, esta mentalidade condenou ao país e á economía xeral do país oestancamento.
O panorama da agricultura durante o reinado de Isabel II produce esa sensación de estancamento, de inmobilismo, de mantemento dos sistemas tradicionais como o demostra o feito de que no 1868 cando acaba o seu reinado, unha das causas mais importantes que contribúen á revolución deste ano é a crise de subsistencia que vive o país entre 1865 e 1868. Isto en Europa xa fora superado, e agora a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A crise financeira mundial: impactos sobre o brasil
  • cris
  • Cris
  • cris
  • Cris
  • cris
  • Cris
  • Cris

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS