Despolitizar A Globalización

Páginas: 54 (13253 palabras) Publicado: 24 de diciembre de 2012
Despolitiza-la globalización: do neo-marxismo á sociedade rede de Manuel Castells1 Peter Marcuse

A evolución dos estudios urbanos

Un vento novo empezou a soprar nos estudios urbanos polo remate dos anos sesenta2, un vento crítico, descontento coas condicións das cidades, que tentaba cartografar novas direcccións nas análises e imaxinar alternativas radicalmente diferentes nas que esperabater influencia directa. Veu de varias direccións, e pegado a varios nomes: Manuel Castells e un grupo francés de investigadores, axiña recibido en Inglaterra por Chris Pickvance e outros co nome de nova socioloxía urbana; na xeografía, provocou o libro “A xustiza social e a cidade” (1973) de David Harvey; na filosofía, coa preocupación polo espazo e maila maneira de o “producir”, verbo do queescribiu Henri Lefebvre. Construíuse co patrimonio do marxismo, mais con grande nesgo neomarxista, por veces mesmo neo-weberiano. Deulle prominencia ás clases, ós conflictos verbo de cuestións urbanas (“consumo colectivo”), á economía (mais na forma de políticas económicas) e á función do estado en calidade de vehículo tanto do poder coma da administración3. O “urbano” definíase decote sinxelamente axeito de lugar dos tipos específicos de conflictos, centrados en cuestións de consumo colectivo (Castells [1972] 1977)4. As devanditas evolucións estaban directametne relacionadas co que de certo andaba a acontecer en moitos países do mundo durante aquel período. Os dous acontecementos críticos foron quizais a revolta de París en maio de 1968, cos seus paralelos en moitos outros países, e omovemento dos dereitos civís nos Estados Unidos de América. En ambos a dous casos, o malestar urbano tivo un papel fundamental, tanto en calidade de causa inmediata coma a xeito de síntoma a longo prazo de desacougos máis profundos. As esperanzas do período inmediatamente posterior á segunda guerra mundial, nas que se prevía que a derrota do fascismo levaría a un período de democracia, liberdade eprosperidade universais pareceron contrariadas; malia o verniz do crecemento, a
1

Na crítica da obra de Castells, que me parece salientablemente fértil na historia das tentativas para entende-las tendencias subxacentes do noso tempo, beneficieime de distintos comentarios críticos e revistas, coma os de Watson (1998), Tilly (1998), Friedmann (2000), Waterman (1999) e Bender (2000). Tamén mebeneficiei substancialmente das agudas percepcións dos estudiantes do coloquio de doutorandos do programa de Planificación Urbana da Universidade de Columbia (e do profesor Tom Vietorisz, con quen me encarguei del), no curso da nosa discusión dos tres volumes, incluídos tanto acordos coma decacordos con algunhas das conclusións que se presentan neste texto.

2

Véxase unha descrición da atención queprestou a corrente principal da socioloxía ás cuestións urbanas antes deste período en Van Kempen e Marcuse (2001). A grandes trazas, as concepcións anteriores da corrente principal salientaban as preferencias individuais que funcionaban por medio do mercado téndoas por forzas claves que daban forma ós usos do espazo urbano. As concepcións críticas centrábanse en elementos macro-estructurais, nasque os fenómenos urbanos era sinxelamente efectos colaterais. 3 Entre os clásicos deste campo de coñecemento habería que mencionar: Lefebvre (1968), Castells ([1972] 1977), Harvey (1973) e O´Connor (9173). Pickvance (1976) foi o primeiro que requeriu a tención dos anglófonos para a literatura neo-marxista francesa.
4

Véxase unha crítica explícita en Katznelson (1984, 1992).

democracia erasuperficial e limitada, a prosperidade excluía a moitos, a liberdade non producía a sociedade xusta que debería se-lo seu producto. Houbera protestas numerosas verbo de cuestións urbanas no período inmediatamente posterior á postguerra, referidas ós desprazamentos de poboación por mor de anovamentos urbanos, ó aloxamento inadecuado, á expansión dos suburbios e, xeralmente, referidas á persistente...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Globalizacion
  • Globalización
  • Globalización
  • Globalizacion
  • La globalizacion
  • Globalizacion
  • Globalizacion
  • Globalización

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS