Eduardo Pondal

Páginas: 13 (3224 palabras) Publicado: 18 de octubre de 2014

EDUARDO PONDAL


E


MANUEL CURROS ENRÍQUEZ















Carmen Boado de la Fuente e Ana Daponte Vázquez 1º BAC
EDUARDO PONDAL
BIOGRAFÍA (1835 – 1917)
É o poeta do Rexurdimento que máis coidou a lingua, por iso é considerado o primeiro grande estilista moderno. Para el o prioritario era a creación dunha lingua literaria culta, limpa de impurezas (castelanismos,vulgarismos) e chea dos cultismos comúns a todas as linguas románticas, mais dos que o galego carecía polas circunstancias históricas ás que se veu sometido a partir do século XV (séculos escuros). Esa foi a razón da súa escasa produción poética (poemas soltos: Rumores, refundido en Queixumes; e Os Eoas, inacabado). Pondal abandonou a súa profesión de médico para dedicarse (gracias á solvenciaeconómica da súa familia fidalga) á poesía. Mais propúxose pulir indefinidamente a súa obra poética, polo que só completou en vida un único poemario, intitulado Queixumes dos pinos (1886). Esa actitude escrupulosa, que o autor adoptou ante os seus escritos, obrigábao a unha actividade poética próxima á maldición. Talvez por iso a súa neurose progresiva agravouse de tal xeito nos derradeiros anos da súavida que o levou á loucura.
Pondal nace en Ponteceso no ano 1835. A súa familia pertencía á aristocracia, polo que era acomodada economicamente.
Pondal recibiu unha enorme e magnífica formación acerca da cultura clásica greco-latina, o que deixará unha importantísima pegada na súa obra.
Na súa estancia en Santiago de Compostela, mentres estuda Mediciña, coñece a Murguía, Rosalía e a AureliaAguirre, e con eles forma un grupo progresista galeguista en torno ao Liceo de la Juventud. Dez anos despois dos fusilamentos de Carral, no 1856, estudantes, artesáns, obreiros e intelectuais participarán neste grupo, ao que chamarán O Banquete de Conxo. Neste acto, a lectura que Pondal fai dun poema, en castelán, da exaltación liberal, case lle vale o desterro.
No ano 1961 aparece o seu primeiropoema “A Campana do Anllóns”.
Cara o ano 1862 remata a carreira de Medicina e exerce como médico, aínda que abandona para dedicarse á escritura. Ao rematar a carreira segue a realizar numerosas viaxes á Santiago de Compostela, onde se reúne en tertulias con Murguía e coñece os poemas ossiánicos de Macpherson.
Publica en 1877 Rumores dos pinos, unha colección de 21 poemas, que serviráposteriormente de base para Queixumes dos pinos (1886).
No 1890 compón o poema “Os Pinos”, que xunto coa composición de Pascual Veiga, formou o himno galego.
Pondal morre na Coruña no ano 1917, cun aporte inmenso á cultura galega tras de si.

OBRA
Temas presentes na súa obra:
Ossianismo:
En 1867, por medio de Murguía, Pondal coñece os poemas ossiánicos de Macpherson, o que marcará profundamente asúa concepción poética. Macpherson inventa a figura de Ossian, un ancián bardo celta, para espallar os seus propios poemas, que teñen a súa base en mitos e heroes celtas.
Importancia de Ossián na obra de Poondal:
- A aparición do bardo, cantor das fazañas doutros tempos.
- O pasado glorioso é o espello no que se debe mirar a nación postrada
- Denuncia dun presente opresivo do que hai queliberarse


Bardismo
A través da súa poesía, Pondal autoerixiuse en guieiro do humillado pobo galego, para o que creou un esplendoroso pasado celta, destinado a devolverlle o orgullo perdido. Trazos do bardo:
- Pondal identifícase plenamente co bardo (cantor, profeta, poeta celta, transmisor da sabedoría, destinado a inculcar no seu pobo o orgullo de pertenza ao clan).
- O bardo caracterízasecomo un guía a través do seu aspecto, como se vena actitude e no aspecto aristocrático en Pondal.
- O bardo sente tendencia á melancolía, á soidade…
- O bardo identifícase coas aves, que simbolizan o canto da liberdade. Teñen especial protagonismo os corvos.
- O bardo é o portador da dignidade e dos signos de identidade do pobo.
- O bardo ten a misión de espertar a conciencia durmida do seu...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • EDUARDO PONDAL E CURROS ENR QUEZ
  • Eduardo Pondal
  • Biografía Eduardo Pondal
  • Aduardo Pondal
  • Eduard
  • Eduardo
  • Eduardo
  • eduardo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS