El dialogo dramático

Páginas: 14 (3394 palabras) Publicado: 12 de abril de 2010
TEMA 2: O DIÁLOGO E AS ACOUTACIÓNS

1. O diálogo dramático
O diálogo é en principio unha actividade verbal, aínda que nel entren tamén en xogo todo tipo de elementos e códigos non verbais coma o xesto e o movemento. Jirí Veltruský (1942:17) define o diálogo como "Una enunciación verbal realizada por dos o más hablantes que se alternan y que, en general, se dirigen sus discursos unos a otros."O diálogo dramático, fronte ó que non o é (ben sexa un diálogo nunha novela, o cotián ou o que pode aparecer noutro xénero literario), é o que está escrito para ser dito enfronte dunha audiencia (v. A.K. Kennedy, 1983).
A linguaxe dramática é estudada e ficticia fronte á cotiá que é espontánea.
O diálogo dramático ten lugar nun tempo presente e nun espazo inmediato inscrito na convencionalidadedunha historia que se presenta como ficción vivida ante o espectador.
As opinións se dividen entre os estudosos que pensan que o diálogo é un trazo específico do teatro, esencial para a identificación de xénero como tal; outros como Kowzan e Bobes que ven o diálogo coma un elemento máis dentro do característico do drama e outros coma Artaud que o consideran un elemento propio da literatura, nondo teatro, pois conviría prescindir del para chegar ó que el chamaba "espectáculo total".
Algo que identifica a linguaxe dramática como tal é o feito de engadir ó comezo de cada discurso o nome da persoa que fala.
Isto correspondería á esfera das "anotacións do autor" (Veltruský, 1942: 59-71) que son alleas ó diálogo e dan unidade semántica á obra, por aportar unha información sen a cal olector no podería seguir o fío do discurso.
O xénero dramático segundo Szondi (1956) caracterizase pola forma dialogada de expresión na que o autor non fala, só os personaxes (aínda que o “eu” do autor pode aparecer a través das acoutacións ou os prólogos ou mesmo nalgunhas obras incluíndose a si mesmo coma personaxe).
Ricard Salvat (1983: 17) é outro autor que cuestiona que o diálogo sexa a baseestética do xénero dramático, pois existen obras onde o diálogo como expresión lingüística verbal non existe, tal é o caso da obra de Samuel Beckett (1960) Acto sin palabras.
Nin o uso da forma dialogada é única do teatro, nin todas as obras de teatro teñen unha base textual dialogada.
O ritmo dramático é unha expresión non verbal característica do discurso teatral. Neste sentido, os silencios nodiálogo (sinalados ás veces nas acoutacións) marcan tamén o tempo da obra (o ritmo no diálogo da comedia soe ser máis rápido ca o da traxedia).
O discurso dramático toma como modelo de referencia e imitación o diálogo común, de xeito que esperamos atopar a reproducción dos trazos do diálogo común nos diálogos teatrais, cimentados xeralmente nun modelo mimético de composición. Pero esta asimiliacióndo diálogo dramático co diálogo cotián é só aparente, polo que hai que ter en conta a presenza dunhas regras de funcionamento propias que se insiren no que se denomina convención teatral. Trátase dun acordo tácito, entre autor e lector/público, polo que se asumen como admisibles pautas de comportamento anómalas ou inadmisibles na comunicación normal: que os personaxes falen en verso, que osapartes non sexan escoitados por algúns personaxes, que se escoite o pensamento dun personaxe nun monólogo...

1.1. Aspectos a ter en conta no diálogo dramático
- Presenza das diversas funcións da linguaxe.
- Extensión dos parlamentos. Normalmente as réplicas curtas, procuran un ritmo máis intenso e un tempo acelerado. As discusións e as escenas máis cargadas de acción móvil soen asociarse a estasréplicas rápidas; así como os duelos dialécticos que amosan a axilidade mental dun personaxe. Pola contra, o discurso que manexa parlamentos extensos soe ter un caracter máis expositivo e reflexivo.
- Variantes lingüísticas manexadas: rexistros e niveis de linguaxe manexadas polos personaxes. Soen ser un caracterizador da condición social dos personaxes ou do ambiente.
Rexistro: formal...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Dialogo Dramatico
  • dialogos dramaticos
  • Dialogos De Obras Dramaticas
  • Dialogo En Texto Dramatico
  • dramatica
  • Dramatico
  • Dramatismo
  • dramatica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS