El mundo comunista

Páginas: 9 (2131 palabras) Publicado: 9 de mayo de 2013
TEMA 15: O MUNDO COMUNISTA
1. A URSS despois de Stalin.
1.1 A época de Kruschev.
Tras a morte de Stalin (1953), desatouse unha loita, que durou tres anos, polo poder entre dúas correntes co triunfo de Nikita Kruschev. Con el no poder, iniciouse una período de revisión e reformulación do modelo soviético de Stalin. Este cambio significou unha certa liberalización política, denominadadesestalinización. Destacan dúas características:
· Diminuíu a represión sobre os inimigos políticos, o que permitiu a aparición dunha opinión pública; condena do réxime stalinista; e aceptación da existencia doutros posibles modelos de transición ao socialismo. Aínda así, a natureza ditatorial do réxime non cambiou.
· Intentouse reorientar a economía planificada soviética cara á satisfacción dasnecesidades da poboación.
1.2 A época de Breznev.
En 1964, Kruschev foi acusado de acumular demasiado poder e de fracasar na política exterior. Substituíuno Leónidas Breznev, cun goberno caracterizado polo inmobilismo e por unas políticas máis conservadoras. Os dirixentes do Partido Comunista formaron un novo grupo social, a nomenklatura, que ascendía lentamente e cando conseguían chegar aospostos de máis poder xa eran anciáns, polo que se falou dunha xerontocracia.
1.3 A economía: da reactivación á parálise.
Nos aspectos económicos tamén é posible apreciar dous períodos diferentes:
· A primeira etapa (1950-1970 aprox) caracterizouse pola mellora de todos os índices económicos. No sector agrario produciuse unha grande extensión da superficie cultivada; o sector de bens de equipoduplicaron os seus niveis de produción; os sectores da industria gozaron dunha maior atención. Estas medidas axiña comezaron a dar síntomas de esgotamento, o que fixo que se xerara a aparición dun mercado negro, unha forma de economía somerxida tolerada polo goberno.
· Na segunda etapa (1970-finais de 1980), os índices económicos empeoraron. A produtividade caía sen parar e a calidade eradeficiente. Para paliar estas deficiencias tívose que recorrer ás importacións procedentes dos países capitalistas.
1.4 A URSS á morte de Breznev.
Tras a morte de Breznez houbo un período de transición determinado por Iuri Andropov, que representou a tendencia reformista e por Konstantin Chernenko, que representaba a tendencia máis conservadora e inmobilista. En 1985, o ascenso ao poder de MikhailGorbachov acabou con este período.
2. As democracias populares en Europa oriental.
2.1 A instauración do modelo comunista.
A dominación soviética da Europa oriental derivou do final de II Guerra Mundial, polo retroceso das tropas alemáns e dos diversos acordos. O enfrontamento entre a Unión Soviética e Estados Unidos acelerou o control de todos os resortes de poder nos países ocupados. A URSSxustificou a imposición do seu dominio sobre estes países como una medida defensiva para conter un posible ataque occidental. Así, foron establecéndose réximes comunistas na Europa Oriental ou tamén chamados "países satélites", debido ao intenso control que a URSS exerceu sobre estes Estados.
Unha vez no poder, os partidos comunistas instauraron un modelo de Estado similar ao soviético. Paraxustificar esta política explicábase esta situación como unha fase na construción da sociedade socialista, o que se denominou como democracia popular.
2.2 A implantación dunha economía comunista.
O modelo económico era un calco ao da URSS:
· O Estado apropiouse dos principais medios de produción.
· A economía organizouse mediante plans quinquenais.
· A agricultura colectivizouse.
· Impulsouseunha industrialización acelerada.
En 1949, estes países formaron o COMECON como resposta ao Plan Marshall e serviu para distribuír as actividades económicas entres os distintos países en función dos seus intereses. En 1950 iniciouse un rápido crecemento que mellorou o nivel de vida de poboación, pero tratouse dun crecemento desequilibrado.
A implantación dunha economía de tipo comunista...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Mi comunidad y el mundo
  • religiones mas comunes del mundo
  • Las comunicaciones en el mundo global
  • Paises comunistas y monarquias del mundo
  • “Visión de sentido común del mundo”
  • Importancia de las comunicaciones en el mundo
  • El Mundo De Sofia Y Nuestra Vida En Comun
  • Un mundo común

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS