ENSAIO SOBRE "GERMINAL"

Páginas: 15 (3645 palabras) Publicado: 2 de abril de 2014
ENSAIO SOBRE "GERMINAL" (película)

Fernando Iglesias Cuervo

Cara á segunda metade do século XVIII, en Inglaterra, producíronse transformacións nas estruturas económicas en vigor, de tal magnitude que a súa transformación foi superior a todos os cambios rexistrados dende o Neolítico. Iso debeuse á Revolución Industrial, á ciencia aplicada á industria, que transformou os mecanismosdestinados á produción, así como a paisaxe, especialmente pola gran concentración humana nas cidades e polos novos medios de transporte como o ferrocarril.

Entre as consecuencias sociais destaca a aparición do Proletariado como clase social. Esta nova clase está formada por traballadores urbanos que proceden, maioritariamente, do campo e que se concentran en zonas concretas das cidades. Sondesarraigados dos seus lugares de procedencia, como consecuencia da concentración da propiedade da terra nas zonas rurais. A súa única fonte de ingreso é a forza do seu traballo.

As primeiras xeracións de proletariados viviron en condicións miserables. Foron deixados á súa sorte por uns políticos liberais que defendían a non intervención do Estado en cuestións económicas.
A FORZA DO NÚMERO

Neseambiente xorde un proletariado consciente da forza do seu número, que empeza a organizarse en sindicatos de traballadores durante a primeira metade do século XIX. Nun primeiro momento tratábase de simples caixas de resistencia para garantir un mínimo apoio económico no caso de protestas ou folgas. Para o proletariado, só mediante unha acción continua de protesta pódese cambiar a situación, unhaformulación que empeza a producirse a finais do século XIX. Desta forma, os cambios empezan a producirse porque os Estados consideran insostible o clima de continua mobilización e polo continuo crecemento dos Estados e a súa conversión en axentes económicos de primeira orde.

O estado do século XVIII necesitará cada vez máis empregados para poder soster a política colonial na que se embarcou. Son osEstados os que deseñan a política económica do país. Os Estados son un axente económico de primeira magnitude que non poden abstraerse da renuncia social existente. Así, promúlganse as primeiras leis regulando as garantías sociais e as xornadas laborais. En 1871, Inglaterra recoñece legalmente os sindicatos, coñecidos como Trade Union.
OS SOCIALISTAS UTÓPICOS

Con este panorama, a principios doséculo XIX unha serie de estudosos sociais comezan a analizar o panorama social intentando encontrar solucións ao problema social que formulaban os proletarios. Trátase dos socialistas utópicos. Como consecuencia das súas reflexións sobre o problema social que formula para os traballadores a Revolución Industrial, os socialistas utópicos desenvolveron unha corrente de pensamento que tivo bastanteinfluencia na formulación do pensamento socialista que segue ao marxismo: a Socialdemocracia.

Entre os seus principais ideas destacan que o proletariado, a medida que aumenta o seu número e a súa conciencia da situación que padece, levará a cabo a súa propia revolución, ao igual que fixo a burguesía no seu momento. Ademais, consideran que a revolución proletaria consistirá en implantar unhasociedade onde reine a igualdade social e económica real. Todo iso lograrase, segundo formulaban os socialistas utópicos, coa desaparición do dereito á propiedade.

Así, as ideoloxías obreristas que xorden son o resultado da confluencia de, por un lado, a realidade que viven os proletarios, as súas condicións de vida e as accións para cambiar esta situación e, por outro, das reflexións dosteóricos, que se producen ao mesmo tempo que a acción dos proletarios para liberarse da súa situación.

Por iso, a primeira fase do movemento socialista prodúcese entre os anos 1820 e 1848, momento no que os socialistas utópicos achegaron a crítica ao Capitalismo, o principio da loita de clases como motor da Historia e o desenvolvemento do Anarquismo.

É neste contexto no que se ambienta a novela...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ensaio sobre o preconceito linguistico
  • Ensaio Sobre La Ceguera
  • Trabajo Sobre La Película "Germinal"
  • Resenha: Ensaio Sobre a Dádica
  • ensaio
  • ensaio
  • Ensaio
  • Ensaio Sobre Os Europeus E A Cidade

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS