Esmorga, roteiro literario

Páginas: 5 (1170 palabras) Publicado: 6 de junio de 2011
A ESMORGA

BLANCO AMOR, E.

1º edición, 1959

Ed.Galaxia, 3ª edición en Biblioteca Blanco Amor, 2008

TRABALLO SOBRE O ROTEIRO LITERARIO DE A ESMORGA.

-Introducción:

Este roteiro trata de nove placas de cerámica feitas polo artesán Manuel Filgueiras, situadas en distintos lugares da vella Auria (Ourense), representando as escenas máis importantes da novela.

Estas placas constandun debuxo acompañado dunha breve pasaxe do libro en si.

A primeira vez que se realizou este roteiro foi no 7 de decembro do 1997 como recoñecemento á memoria de E. Blanco Amor. Esta iniciativa foi propulsada polo Clube Cultural Alexandre Bóveda e o Concello de Ourense.

Este roteiro adoita facerse nos primeiros días de decembro debido á data da morte do autor e iníciase na Avenida de Zamora,pasando por diversos puntos da cidade ata chegar á Alameda. Este foi o roteiro inicialmente proposto, pero despois sería engadida unha nova placa máis na casa de Blanco Amor, chegando ata as nove actuais.

Neste ano (2009) cúmprense exactamente 50 anos dende a primeira edición de A Esmorga publicada en Bos Aires e 30 anos dende a morte de Eduardo Blanco Amor (1 de decembro de 1979).

-Oroteiro:

Agora imos describir o roteiro de A Esmorga, seguindo a orde dos sucesos na novela:

1.-A Taberna da Tía Esquilacha

Esta foi a primeira parada dos tres esmorgantes despois de atoparse no camiño. Alí foron a comer e a beber algo (uns netos e augardente).

A Tía Esquilacha quería ben a Cibrán e pediulle que se apartara dos outros dous, e púxose a curarlle os pés dos sabañóns que tiña.Foi neste momento cando apereceu a Garda Civil avisados polo arrieiro. Debido a isto os nosos esmorgantes deben marchar a toda présa do lugar para non ser arrestados.

Esta é a placa presente no lugar:



“Ao chegar perto do Posío, entramos
na taberna da tía Esquilacha, onde
pararan tamén os tratantes”.
(A Esmorga:cap-I páx-28)
2.-O lavadoiro da Burga.

Acoden a este lugar despois deescapar da casa de Andrade, botados a escopetazos despois de intentar ver a escondidas a “muller” deste.

Alí chegaron, prenderon un lume e puxéronse a beber e a xantar outra vez, e unha vez remataron, o Bocas e o Milhomes comezaron a dormir. Mentres tanto, o Cibrán comenzou a pensar na súa desgraciada familia e víñolle o “pensamento”. Ao despertarse o Milhomes propuxo ir a abrigarse a un lugarque el coñecía, pero antes diso foi a comprar uns alimentos á praza.

Esta é a placa que se amosa no lavadoiro da Burga:



“Conque seguía a caer aquela chuvia
acoriscada que facía más mesto o bafo
a se soerguer da agua quente do
lavadoiro grande da Burga”
(A Esmorga: cap-II páx-47)

3.- Fonte de San Cosme

Chegan aquí despois de escapar da casa dos señores do Castelo, xa queprendéronle lume sen querer ao pazo.

Alí non fan nada importante no transcurso da obra, únicamente paran a tomar un puco de auga e a continuar coa súa esmorga. Despois de pasar pola Fonte de San Cosme foron cara á praza da Ferraria.

A placa que se expón no lugar é esta:



“Na fonte de San Cosme bebemos
a morro uns grandes grolos de auga
da pía, que nos fixo baleirar, de alí a pouco,
todocanto tiñamos dentro”.
(A Esmorga:cap-III páx-62)

4.-Calexón de Pena Vixía.

Alcanzan este lugar despois de escapar da casa da Monfortina, onde iban en busca dunhas prostitutas, pero negáronlle o acceso e un municipal (o Sardiña) tentou atrapalos.

Neste lugar deciden separarse para non seren arrestados, e quedan na entrada de atrás da casa da Nonó (outra casa de prositutas).

O tempoque pasan neste lugar é moi curto.

Esta é a placa que se pode observar no lugar:



“Ao chegar ao calexón de Pena Vixía
o Bocas ordeou:
Temos que nos asoparar”.
(A Esmorga, cap-III páx-66)

5.-Praza do Correxidor.

Van a este lugar despois de ser botados do puticlub da Nonó.

Ao chegar aquí soan as campanas de medianoite.

Pasan máis tarde pola casa do Milhomes na calle...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A Esmorga
  • Esmorga
  • A esmorga
  • A esmorga
  • A Esmorga
  • A Esmorga
  • A ESMORGA
  • A esmorga

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS