Estatuto Galicia

Páginas: 3 (534 palabras) Publicado: 29 de junio de 2014
ARTIGO 1

Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma para acceder ó seu autogoberno, de conformidade coa Constitución Española e co presente Estatuto, que é a súanorma institucional básica.
A Comunidade Autónoma, a través de institucións democráticas, asume como tarefa principal a defensa da identidade de Galicia e dos seus intereses, e a promoción dasolidariedade entre todos cantos integran o pobo galego.
Os poderes da Comunidade Autónoma de Galicia emanan da Constitución, do presente Estatuto e do Pobo.

ARTIGO 2

O territorio deGalicia é o abranguido polas actuais provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
A organización territorial terá en conta a distribucion da poboación galega e as súas formas tradicionais deconvivencia e asentamiento.
Unha lei do Parlamento regulará a organización territorial propia de Galicia de acordo co presente Estatuto.

ARTIGO 3

Para efectos do presente Estatuto, gozanda condición política de galegos os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estado, teñan veciñanza administrativa en calquera dos municipios de Galicia.
Como galegos, gozan dedereitos políticos definidos neste Estatuto os cidadáns españois residentes no estranxeiro que tivesen a súa última veciñanza administrativa en Galicia, e acrediten esta condición no correspondenteConsulado de España. Gozarán tamén destes dereitos os seus descendentes inscritos como españois, se así o solicitan na forma que determine a lei do Estado.

ARTIGO 4

Os dereitos, liberdades e deberesfundamentais dos galegos son os establecidos na Constitución.
Correspóndelles ós poderes públicos de Galicia promove-las condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos gruposen que se integran sexan reais e efectivas, remove-los atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilita-la participación do tódolos galegos na vida política, económica, cultural e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Estatuto de autonomia de galicia
  • Estatuto De Autonomia De Galicia
  • Galicia
  • Galicia
  • galicia
  • GALICIA
  • Galicia
  • Galicia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS