Estatutos asociación cultural e fílmica (galego)

Páginas: 13 (3006 palabras) Publicado: 31 de mayo de 2011
ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL PARA A RECUPERACIÓN E DEFENSA DO PATRIMONIO FOTOGRÁFICO E FÍLMICO....

CAPÍTULO I

DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º.- 1.- Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación: “ASOCIACIÓN CULTURAL PARA A RECUPERACIÓN E DEFENSA DOPATRIMONIO FOTOGRÁFICO E FÍLMICO..."
2.- A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º.- O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de …………………. rúa de ………………………………, nº ………. C.P. ……….. teléfono ……………….., apdo. de correos ………….., correoelectrónico ……………………………………….

Artigo 3º.- A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4º.- 1.-A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea XeralExtraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.

Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación:
a.- A búsqueda, recopilación e catalogación do patrimonio fotográfico e fílmico da comarca.., e a elaboración de inventarios dos fondosfotográficos e fílmicos existentes, tanto públicos coma privados.
b.- A divulgación do patrimonio fotográfico en xeral e ..... en particular.
c.- A potenciación da ensinanza da fotografía, especialmente da súa historia e importancia documental e artística.
d.- Custodia e mantenemento de fondos fotográficos mediante a promoción de políticas de doación e depósito.
e.- Promoción dosartistas e profesionais da fotografía da nosa Comunidade, mediante a exposición periódica das súas obras.
2.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organiza-las seguintes actividades:
a.- Programación de ciclos de conferencias, seminarios e estudos históricos sobre a fotografía e o cinema.
b.- Unha axeitada acción editorial, a través de folletos, catálogos,publicacións, postais, e calesquera outros medios de difusión.
c.- Convocatoria de concursos, premios e outras accións divulgativas que axuden á promoción dos artistas e profesionais da fotografía e as artes audiovisuais.
d.- Creación dunha biblioteca e hemeroteca especializada en fotografía tanto histórica coma contemporánea.
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranseexclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

CAPÍTULO II

DOS ASOCIADOS

Artigo 6º.
1- Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coaasociación e que compartan os fins perseguidos nos presentes estatutos.
2.- Poderán ser integrantes da asociación na súa sección xuvenil, os menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban supli-la súa capacidade.
3.-Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito dapersoa que desexa ser admitida.

Artigo 7º.- Dentro da asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:

a) Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
b) Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
c) Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Modelo De Estatuto Orgánico De Asociacion Cultural
  • Estatutos Asociacion Cascajeros
  • Modelo Estatutos Asociacion
  • Asociacion con fines culturales o religiosos
  • estatutos asociacion dominicana controladores aereos
  • ACTA CONSTITUTIVA Y ESTATUTO DE UNA ASOCIACION CIVIL
  • Estatutos de asociacion
  • estatutos de una asociación

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS