Exemplo Pcp

Páginas: 5 (1120 palabras) Publicado: 18 de octubre de 2012
PCP

A PCP é unha metodoloxía que facilita á persoa a identificación das metas que desexa alcanzar para mellorar a súa vida, apoiándose no compromiso e a axuda dun grupo para logralo.
O obxetivo principal é que a persoa teña a oportunidade de formular plans e metas que teñan sentido para ela. Búscase a colaboración co círculo de persoas importantes para a persoa en cuestión, e asífortalecerase tamén unha relación con elas.
A PCP contribúe a garantir o respeto á dignidade, á posibilidade de ter visións de futuro positivas e posibles baseándose en cómo quere vivir e posibilitando cambios no seu estilo de vida.
Para lograr todo isto a PCP debe ser flexible, coordinadora e participativa.

Para levala a cabo téñense que ter en conta os seguintes elementos:
* Preparación:valorar coa persoa e os seus significativos cómo se levará a cabo, recoller datos de interese…
* Avaliación coa persoa: valorar as súas necesidades, o seu estilo de vida, os seus puntos fortes e débiles.
* Acordar o plan: as metas, a forma de conseguilas, as responsabilidades e compromisos que adquire a propia persoa e os demais.
* Implantación: realización dos compromisos previamenteacordados.
* Seguimento e revisión: é moi importante facer un seguimento de todo o proceso e do seu transcurso, así coma da satisfación e avances conseguidos pola persoa.

Antes referinme á importante labor que ten o grupo significativo da persoa. Aquí céntrome niso:
Algo que se desprende da participación do grupo é a creatividade que xurde como consecuencia do intercambio de ideas,estratexias e propostas para axudar á persoa e apoiala. Ademais, implica unha maior toma de contacto con esa persoa, feito que é importante en todas as idades, pero especialmente na nenez e na vellez. Os anciáns a miúdo séntense incapaces, desprazados, solos e desesperanzados. Senten que son unha carga para os outros. Con este acercamento promoverase na persoa o sentido de pertenza a un grupo e osentimento de que “fai falla e é necesario e útil”.

Eu céntrome nunha posible PCP para aplicar a un ancián con Alzheimer. A enfermidade de Alzheimer é un mal neurodexenerativo que se manifesta con deterioro cognitivo e trastornos condutuais. Caracterízase por unha progresiva perda da memoria e doutras capacidades mentais a medida que as células nerviosas morren e se van atrofiando distintas zonas docerebro.
Para facer a planificación central, como se expuxo antes, o primeiro que hai que facer é preparala, é dicir, valorar coa persoa e co seu grupo de apoio os aspectos relevantes a mellorar. Posteriormente hai que avaliala coa propia persoa.
Para un enfermo de Alzheimer, sería moi axeitado tratar por exemplo, a modo de xogo (posto que resulta máis entretido) aspectos que se venperxudicados a medida que a enfermidade vai avanzando, como poden ser as orientacións no espazo, a produción correcta da linguaxe, a lectura, o recoñecemento de persoas, etc. Eu vou expoñer os exercicios que se poderían realizar semanalmente coa persoa, previo o acordo da súa realización con ela:

* Día 1: o planificador da PCP ou os achegados da persoa poderían animala a facer un xogo que consistiríaen ubicarse espacialmente. Podería proporcionárselle á persoa un debuxo ou mapa da súa cidade e propoñerlle que describise o itinerario que seguiría para ir a mercar o pan, para ir a unha tenda que lle gustase, para chegar á casa duns amigos, etc. Así a persoa debería ir recordando os lugares e, ao mesmo tempo, facendo un itinerario que podería ter connotacións positivas para ela ao ir lembrándosede certos aspectos coma o olor do pan a medida que se acerca á panadería, o son do timbre da casa dos amigos… Noutros momentos do día poderíaselle preguntar se se lembra das rutas que antes marcou ou sinalou.
* Día 2: neste día pode traballarse a lectura e pronunciación. Previamente o planificador ou o grupo de persoas próximas á persoa en cuestión deberían coñecer os gustos persoais dela...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • pcp
  • Exemples De Corrupció
  • Exemple Compta3
  • Indice pcp
  • Bombeo pcp
  • Pcp/Mrta
  • el pcp yuyb
  • Admon de pcp

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS