Fernando XII

Páginas: 6 (1481 palabras) Publicado: 20 de marzo de 2013
2ºBach
COMENTARIO DE TEXTO
Fernando VII

Fernando VII gobernou en España entre 1814 e 1833, accedeu ao trono ao rematala guerra de Independencia gañada polos españois, onde Napoleón entrégalle no Tratado de Valençay, a coroa de España.
Foi un rei considerado coma un tirano e coñécese por ser traizoeiro, xa que sempre buscará o seu interés.
O seu reinado estivo marcadopolas loitas entre liberalismo e absolutismo, da mesma maneira seguindo estas características podemos diferenciar no seu reinado tres períodos:

-O sexenio liberal (1814-1820)

Neste período Fernando VII ou o Desexado como o chamaban en España,volveu trala guerra aclamado como rei lexítimo polo pobo, pero atopouse con que na súa ausencia os liberais subiron ao poder para decretar e crearunha serie de leis e documentos que limitaban o seu poder e pretendían desfacer o antigo réxime (as Cortes de Cádiz e as Xuntas provinciais)
O rei non aceptaba estas novas imposicións xa que el o que pretendía era volver como rei absoluto e impoñerse coas súas decisións, pero non sabía se podía conseguir esa meta.
Finalmente Fernando proclámase rei absolutista, isto foi grazas aos apoios querecibiu.
Por unha parte, o Manifesto dos Persas, que eran os deputados serviles que lle rendían obediencia ao rei e afirmaban que a acción da Constitución do 1812 fora inxusta, tendo que aceptala baixo presións.
Por outra parte un xeral do exército, o coronel Elío, presentou a súa lealdade ante o rei, fixera o que fixera. Este acto considérase o primeiro pronunciamento de España.
O rei tamén sabíaque contaba co pobo, xa que era moi esperada a súa volta, todas esas características unidas, fan que o Fernando se proclame rei absoluta, desta maneira as decisións e leis que foron tomadas na guerra non terán validez e mesmo serán perseguidas, igual que os que as propuxeron, proclamaron e votaron por elas, porque como afirma no Doc.1, esas cortes o que pretenden é obter o poder para utilizalo encontra do pobo, non ao seu favor.
Neste período os ilustrados teñen que exiliarse e moitos dos que se quedan no país son axustizados.
As medidas que toma neste período Fernando VII van encamiñadas a volver ao A.R., cousa que non se poderá xa que o país tomou aínda sen querelo rasgos do liberalismo durante a guerra de independencia, as medidas máis significativas foron:
A política centrouse enEspaña, deixando de participar en guerras internacionais, cousa que non nos axudou porque aínda gañando a Napoleón non conseguimos terras, nin compensacións pola súa parte.
Como xa se dixo a persecución de ideais liberalistas ou de persoas pertencentes a este movemento. Aínda que tamén contra os afrancesados, por apoiar a Xosé I na guerra de independencia.
Comezou a censura política, sobre o quese publicaba, os gobernos...
Pecharon algunhas as universidades e outras foron moi controladas.
As características da época viñan caracterizadas por:
Recuperación de xurisdicións nacionais por parte da monarquía é dicir, o rei volvía a recuperar todo o seu poder.
As malas xestións económicas postas en marcha polo rei, a facenda estaba en quebra, tamén había unha crise agraria e os mínimosintentos que se aportaron a mellorar a situación, presupostos do estado de Martín de Garay, onde toda a poboación tiña que pagar uns impostos, pero non foron aceptados pola negativas das clases privilexiadas a perder os seus dereitos.

A represión e persecución dos liberais fixo que se tivesen que organizar de outra maneira creando así as sociedades secretas ou masónicas que conspiraban contra orei.
Outra ferramenta para conseguir chegar ao poder eran os pronunciamentos, como o que se expón no Doc.2, os xenerais dalgunha provincia liberalista comezaban unha especie de batalla contra o exército real, alentando á xente a ir contra o rei, neste caso trátase dun manifesto da Xunta de Galicia, que culpando aos conselleiros do rei por non escoitar ao pobo, anima á poboación a loitar polo que é...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Fernando
  • fernando
  • fernando
  • fernando
  • Fernando
  • fernando
  • Fernando
  • Fernando

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS