Filos

Páginas: 43 (10703 palabras) Publicado: 28 de octubre de 2012
Filosofía antiga: Platón

1

PLATÓN

1. Vida e motivacións
Aristocles de Atenas, alcumado Platón («o de anchas costas»), nace, probablemente, o ano
428-427 a.C. en Atenas, ou quizais en Aegina. Pertencía a unha familia nobre. O seu pai,
Aristón, proclamábase descendente do rei Codro, o último rei de Atenas e numerosos
familiares tiveran responsabilidades políticas. A súa nai Períctiona,descendía da familia de
Solón, o antigo lexislador grego. Era ademais irmán de Cármides e prima de Critias, dous dos
trinta tiranos que protagonizaron un golpe de estado oligárquico o ano 404. Platón tivo dous
irmáns, Glaucón e Adimanto, e unha irmá, Potone. Á morte de Aristón, Períctina casou co seu
tío Pirilampo, amigo e partidario prominente de Pericles, con quen tivo outro fillo, Antifón.Platón tivo unha educación esmerada en todos os ámbitos do coñecemento. É posible que
se iniciase na filosofía coas ensinanzas de Cratilo, seguidor da filosofía de Heráclito. Ós vinte
anos (407) ten lugar o encontro con Sócrates: acontecemento decisivo para Platón. Sócrates
contaba entón 63 anos e converterase no seu único mestre ata o 399 a. C., en que Sócrates foi
condenado a morte.

• Avocación política
Como en tantos novos atenienses, a súa primeira vocación foi a política, pero pronto se
sentiu desenganado, primeiro pola aristocracia e máis tarde pola democracia. No 404 a. C.,
minguada a confianza de Atenas na democracia tras a derrota na guerra do Peloponeso contra
Esparta, produciuse en Atenas unha revolución política, a chamada «Tiranía dos Trinta». Na
revoltaparticiparon os seus tíos Cármides e Critias, que invitaron a Platón a participar no
goberno da cidade. O despotismo e a violencia do réxime dos Trinta mereceron a crítica do
decepcionado Platón, que botaba de menos a orde política anterior. A caída da Tiranía dos
Trinta renovou as súas esperanzas, que pronto volverían truncarse ó contemplar como a
restaurada democracia levou o seu mestre e amigoSócrates ós tribunais, que o condenaron a
morte por impiedade.

• A vocación filosófica
En Platón quedará marcada para sempre unha convicción que inspirará toda a súa obra e na
que se unen a vocación política e a vocación filosófica. Así o relata na autobiográfica Carta
VII. «E me vin obrigado a recoñecer, en loanza da verdadeira filosofía, que dela depende
obter unha visión perfecta e total doque é xusto, tanto no terreo político coma no privado, e
que non cesará nos seus males o xénero humano ata que os que son recto e verdadeiramente
filósofos ocupen os cargos públicos, ou ben os que exercen o poder nos Estados cheguen, por
especial favor divino, a ser filósofos no auténtico sentido da palabra.»
Á morte de Sócrates, Platón refúxiase en Megara, onde coñece a Euclides, outrodiscípulo
de Sócrates, que modificou en sentido ético a súa filosofía eleata. Máis tarde viaxa a Exipto e
ó sur de Italia, onde entra en contacto coa filosofía pitagórica.

Filosofía antiga: Platón

2

No ano 388 a. C. comeza en Sicilia a súa relación con Dión, cuñado de Dionisio, tirano de
Siracusa. O sono de Dión de que Platón fixese do seu cuñado un filósofo rematou coa
paciencia de Platóne, segundo parece, do propio Dionisio, quen desterrou ó filósofo e o fixo
encadear, ordenando que fose enviado a Exipto para ser vendido como escravo. A fortuna
permitiu que Platón fose comprado e liberado por Anicérides quen ademais entregou unha
importante suma de diñeiro coa que fundou a Academia. Este centro cultural foi a primeira
escola de filosofía; construída xunto a un bosque enhonra do heroe Academo, reuniu un
grupo de discípulos provenientes de diferentes puntos de Grecia e Asia helénica entre os cales
estaba Aristóteles. A educación na Academia debeu de ser unha reflexo da actividade lóxica e
dialéctica que mostra Platón nos seus diálogos.
Un novo requirimento de Dión conduciu a Platón no 367 outra vez a Sicilia, gobernada
agora por Dionisio II o Xoven. Nin nesta...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • FILO
  • filo
  • FILO UNO
  • filo
  • Filos
  • filo
  • Filo
  • Filos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS