filosofia

Páginas: 54 (13317 palabras) Publicado: 15 de mayo de 2014
30

CIENCIAS DA TERRA E DO MEDIO AMBIENTE
Instrucións: A proba componse de cinco partes. O alumno deberá optar entre as preguntas ou bloques
­­
segundo as normas que se especifican en cada un deles.
Cualificación: Cada unha das cuestións que integran as partes 1, 2 e 3 poderán recibir un máximo de 1 punto.
As partes 4 e 5 serán puntuadas cun máximo de 1 e 2 puntos respectivamente.

1. Leatentamente o texto e contesta a 3 das 5 cuestións que se formulan a continuación:
A perda de diversidade biolóxica conduce á extinción das especies (Wilson, 1996). No tempo xeolóxico, todas as
especies tiñan un período finito de existencia. A extinción de especies é, polo tanto, un proceso natural que ocorre
sen a intervención humana. Non obstante, as extincións ocasionadas directa ouindirectamente polos humanos
ocorren cun coeficiente que excede calquera estimación razoable das extincións anteriores. Segundo informes
da Unión Mundial para a Conservación da Natureza (UICN), 15.500 especies de animais e vexetais están en
perigo de extinción no mundo, tendo en conta que se describiron aproximadamente 1.75 millóns de especies
e que hai varios millóns máis aínda por descubrir. Asameazas contra esta diversidade biolóxica son causadas
principalmente polo crecemento poboacional humano, a sobreexplotación de recursos naturais, a introdución de
especies exóticas, a contaminación, a deforestación, etc.
Cuadernos de Biodiversidad nº 17
a. Á vista do texto anterior comenta dúas causas que poden levar á extinción de especies. ¿Os ecosistemas
cambiarían se non actuase o homesobre eles? Razoa a resposta.
b. Razoa por qué é importante a conservación da biodiversidade. ¿Como inflúe a desaparición de especies no
resto do ecosistema?
c. ¿Que tipo de ecosistema será máis rendible, un con grande diversidade ou un con pouca diversidade? Razoa
a resposta.
d. Sinala catro causas responsables da perda de biodiversidade e as medidas respectivas que atallarían dita perda.
e.Tras a Conferencia do Río de Xaneiro en 1992, ¿que tres conceptos engloba o termo biodiversidade?

Déficit de Osíxeno

Contido de Osíxeno disolto

2. Observa a seguinte gráfica e contesta a 2 das cuestións que se presentan.

Punto de descarga
de residuos domésticos
Distancia augas abaixo

a. Explica o efecto que provoca a vertedura de augas
residuais domésticas no receptor.
b. ¿Queproceso ten lugar augas abaixo e cal é a súa
influencia sobre a cantidade de osíxeno disolto?
c. ¿Cales serán os principais contaminantes que se
incorporan á auga como consecuencia desta vertedura?
d. Nun río contaminado, ¿que tipo de indicador sinalará o
grao de calidade da auga despois dun tempo de producirse
a contaminación? Razoa a resposta.

3. Dos bloques A e B, que se propoñen, escolleun deles e contesta ás dúas cuestións que se formulan. Non se
poderán mesturar as cuestións dun bloque coas do outro.
Bloque A: a. Fai un esquema e explica brevemente o fluxo de enerxía nunha cadea trófica. b. Realiza un esquema
do ciclo do carbono. Comenta dúas actividades humanas que alteren o ciclo. ¿Que consecuencias teñen estas
alteracións para o medio ambiente?
Bloque B: a. Define eexplica a diferenza entre produción primaria bruta e produción primaria neta. b. Sinala e
explica o efecto de dous axentes destrutores do ozono estratosférico.
4. Cos termos que se presentan a continuación constrúe 4 frases nas que se integren só 3 en cada unha delas. Os
termos non poderán repetirse. As frases poderán construírse empregando outros termos que non figuren na lista,
pero nunca seempregarán máis de 3 dos que se propoñen, haberá polo tanto 3 que non serán utilizados. Acción
humana - Nivel trófico – Fósforo – Deposición - Embalses - Regulación – Factor limitante - Desertificación
– Chuvia ácida – Produción primaria - Solos - Ríos - SO2 - Hábitat – Inversión térmica.
5. Define 5 conceptos dos 8 que se indican a continuación: Afloramento oceánico - Taxa de renovación
–...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • filosofia de la filosofia
  • Filosofia
  • Filosofia
  • Filosofia
  • La Filosofía
  • Filosofia
  • Filosofia
  • Filosofia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS