formacion

Páginas: 7 (1647 palabras) Publicado: 11 de junio de 2013
CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA
FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA.
CURSO 2013/2014
A Universidade da Coruña fai pública a convocatoria de bolsas de colaboración para
formación complementaria do estudantado da Universidade da Coruña.
OBXECTO DA AXUDA
O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de 94 bolsas de colaboración que
permitan aformación teórica e práctica do estudantado matriculado nun centro propio
da Universidade da Coruña en estudos conducentes á obtención dun título oficial,
mediante a realización de actividades de colaboración en diferentes áreas de interese
formativo.
A dotación total das bolsas será de trescentos catro mil cincocentos sesenta euros
(304.560 €), a razón de 360 euros mensuais cada unha delas, concargo á partida
orzamentaria 0300030031 422D 480.03
REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES
Requisitos xerais básicos
Esta convocatoria vai dirixida exclusivamente ao estudantado que se relaciona a
continuación.
Todas as persoas solicitantes dunha bolsa deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Estar matriculado no curso 2013/2014 na Universidade da Coruña en estudos
oficiais de:
Licenciatura,Arquitectura ou Enxeñaría superior e ter superados o
30% dos créditos.
Titulacións de segundo ciclo.
Diplomatura, Enxeñaría técnica e ter superados o 30% dos créditos.
Titulacións de Grao e ter superados o 30% dos créditos.
2. Non exceder de 28 anos de idade durante o período de aproveitamento da
bolsa.
3. Non percibir ningunha axuda económica incompatible. Tampouco poderá
realizarseningunha actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias
superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo
Interprofesional.
4. Existir conexión entre a actividade obxecto da bolsa e o perfil académico de
quen presenta a solicitude. Alén dos requisitos anteditos, a persoa solicitante
dunha bolsa, deberá cumprir en cada caso os requisitos específicos que
figuran no anexo 1correspondentes ás distintas áreas de formación, se os
houber.

5. Non ter sido beneficiario doutras bolsas propias da UDC cuxa duración
engadida á actual solicitude supere os 12 meses.
6. Non se poderán aproveitar da mesma bolsa aquelas persoas que xa a
aproveitaran en cursos anteriores.
FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes deberán cumprimentarse a través da aplicacióninformática á que se
accede dende: http://bolsas.udc.es
Deberase acompañar a seguinte documentación:
Currículo da persoa solicitante, coa documentación que o acredita.
Recoméndase que se siga o formato especificado polo Europass
(http://europass.cedefop.europa.eu/europass/home/vernav/Europass+Documen
ts/Europass+CV.csp)
Certificación académica detallada, na que consten as cualificacións obtidas, asdatas de obtención e o número de convocatorias investidas en cada materia.
Declaración xurada de non contar con ningunha axuda económica
incompatible, nin realizar ningunha actividade retribuída. No caso de realizarse
unha actividade retribuída, certificación da Axencia Tributaria acreditativa do
seu nivel de rendas, para os efectos de comprobar que non se obteñen
ganancias superiores no seuimporte ao trinta por cento do Salario Mínimo
Interprofesional.
Cada solicitante soamente poderá presentarse a tres bolsas distintas, no caso de
exceder ese número, quedarán anuladas todas as solicitudes presentadas.
CONTÍA E PERÍODO
O importe bruto da axuda será de 360€ mensuais, ao cal se lle aplicará, de ser o caso,
as retencións correspondentes.
A duración destas bolsas será de 9 mesescomprendidos entre o día 1 de outubro de
2013 e o 30 de xuño de 2014, cunha dedicación de 8 horas semanais, sen que o
tempo de dedicación diaria poida exceder de catro horas. O horario concertarse co/a
titor/a tendo en conta a ocupación lectiva da persoa adxudicataria.
A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado pola persoa interesada, en
que se compromete a cumprir todas as...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Formacion
  • Formacion
  • formacion
  • Formacion
  • formacion
  • Formacion
  • la formacion
  • formacion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS