Gadafi

Páginas: 5 (1077 palabras) Publicado: 14 de febrero de 2013
ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO

1.Describe cal é a situación actual de Libia. Cales son as orixes desta situación?
Muamar al Gadafi e as súas forzas de seguridade aínda controlan tres das principais cidades do país: Trípoli, a capital, e Sirte, lugar de nacemento do mandatario que chegou ao poder tras un golpe de estado en 1969.
Polo momento, a oposición libia tomou o control da localidade deZauiya, a 50 quilómetros ao oeste de Trípoli, aínda que a cidade está rodeada por tropas leais a Gadafi e témese un próximo ataque.
"Esperamos un ataque en calquera momento", dixo unha persoa residente desa cidade, "Estamos a formar grupos (de defensa), facendo roldas continuamente, pero esperámolos en calquera momento",
Pola súa banda, tamén confirmaron que as tropas leais a Gadafi que querenrecuperar Zauiya porque nesa cidade atópase Mesfat Alzauiya, unha das explotacións de petróleo máis importantes do país.
Tras a toma de Zauiya, os manifestantes avanzan cara á capital libia. Mentres o ditador se atrincheira no seu refuxio, o seu fillo afirma que o país está "en calma".
Saif al Islam Gadafi, fillo e conselleiro do líder libio, aseguraba que ninguén na súa familia vai abandonarLibia e que o seu país "non é asunto de Estados Unidos", en resposta á esixencia de marcharse que o presidente Barack Obama dirixiu ao seu pai.
"Ninguén vai abandonar este país. Vivimos aquí, e morreremos aquí. Este é o noso país. Os libios son o noso pobo. E no que a min respecta creo que estou a facer o correcto", dixo Saif al Islam Gadafi desde Trípoli.

ORIXES DA SITUACIÓN
O territoriopertencía a Italia que perdeu tras a súa derrota na Segunda Guerra Mundial. A súa enorme extensión e a súa escasa poboación fixo que a ONU decidise outorgarlle a independencia a finais de 1951, converténdose nun dos primeiros en conseguila no continente africano. Constituíuse nunha monarquía encabezada por Idris I que se mantivo no poder até o golpe de estado do Coronel Muammar al Gaddafi en 1969.
O novodirixente instaurou un réxime claramente socialista ao que denominou Yamahiriyya (Estado das masas) e onde o pobo exercía a soberanía mediante a súa participación directa a través do Poder Popular. Gadafi oficialmente non detenta cargo algún, pero é considerado o Irmán Guía da Gran Revolución. O Estado defínese como unha República Árabe Popular e Socialista.
Durante todo o seu mandato, aspotencias occidentais acusaron ao réxime de Gadafi de patrocinar ou acoller diferentes tipos de terrorismo local e internacional. Os EEUU chegaron a bombardear as cidades de Trípoli e Bengasi en 1986 como represalia. Do mesmo xeito que os seus veciños, o 2011 empezou no país con protestas que derivaron en violentísimos enfrontamentos
[pic]




3- Esta revolución comezou en Túnez. ¿Como foievolucionando?¿que perseguen estes cidadáns con ela?
Entre decembro de 2010 e xaneiro de 2011 diversas cidades tunecinas foron escenario de violentos disturbios (os máis graves dende a independencia) entre manifestantes, en protesta polo aumento do paro e melloras sociais, e as forzas da orde que provocaron segundo as organizacións de dereitos humanos máis de 60 mortos.

Os enfrontamentos, senprecedentes na historia do país, iniciáronse en decembro, tras a morte dun mozo que se prendeu lume ao bonzo(é unha forma de suicidio polo cal un individuo acaba coa sua vida rociándose con algún tipo de líquido inflamable e prendéndose lume en público como forma de protesta) en Sidi Bou Said en protesta polo que consideraba "abusos administrativos" que lle impedían a venda de productos agrícolas. Asmanifestacións, que se prolongaron varios días e desembocaron no establecemento do estado de excepción, provocaron o 14 de xaneiro de 2011 a saída de Ben Alí do país e a súa substitución interina na presidencia por parte do Primeiro ministro, Mohamed Ganuchi, á vez que o Exército tomou os principais puntos estratéxicos de Tunez no marco do Estado de Emerxencia en que se atopa o país.


4....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Gadafi
  • Gadafi
  • Gadafi
  • gadafi
  • Gadafi
  • Gadafi
  • Muerte De Gadafi
  • La dictadura (gadafi)

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS