Historia bac

Páginas: 37 (9140 palabras) Publicado: 13 de marzo de 2011
1
O impacto da Revolución Francesa. A Guerra da Independencia e a Constitución de 1812.
O impacto da Revolución Francesa debe ser esencialmente relacionado co medo e reacción que xera, causando un freo ás ideas reformistas e o peche de fronteiras a calquera idea proveniente do exterior.
A Guerra da Independencia contemplarase a partir das facilidades que atopan as tropas francesas naocupación do territorio. A Guerra debe ser entendida non só como unha loita contra o invasor e dende posturas diferentes, senón tamén na súa vertente revolucionaria, como primeiro intento de construír unha España liberal.
As Cortes de Cádiz son o mellor exemplo dese intento. Deben ser mencionadas as tendencias políticas nelas representadas, e destacarase o esencial do seu labor lexislativo, estudando osprincipais decretos (señoríos, morgado, Inquisición); a Constitución de 1812 debe ser ben estudada nos seus puntos fundamentais (soberanía nacional, sufraxio, división de poderes) e comprendida como a primeira gran referencia do constitucionalismo español.
A revolución liberal e as reaccións absolutistas no primeiro terzo do século XIX.
Convén distinguir claramente as etapas do reinado deFernando VII co fin de que os alumnos/as poidan percibir o período 1814-1833, como a crise permanente e definitiva do Antigo Réxime, modelo inviable fronte a un liberalismo que, á súa vez, sofre avances e retrocesos ata a morte do monarca.
Como aspecto colateral, pero de innegable importancia, deberíase relacionar o reinado de Fernando VII co contexto europeo para entender por que as potenciaslexitimistas axudan a Fernando nalgúns casos (Trienio Constitucional) e noutros non (perda do Imperio); respecto deste último asunto, convén mencionar a importante repercusión que a perda das colonias americanas terá sobre a economía española do século XIX.
É aconsellable, por último, e a xeito de enlace co bloque seguinte, facer unha breve referencia aos cambios introducidos polo rei nos últimosanos da súa vida, que conducirán aos absolutistas a apoiar a don Carlos, polo que se orixina así un dos problemas máis sobranceiros que terá que enfrontar a construción do Estado liberal.
2
A construción do Estado liberal e as súas dificultades.
No caso particular de España os enfrontamentos sociopolíticos, sen afirmar que constitúen o factor decisivo no devir histórico do país, si inciden demaneira importante no ritmo e incluso na natureza de todas as transformacións. De aí que a dimensión política se singularice neste bloque dende a supresión da monarquía absoluta ata a crise final da monarquía parlamentaria.
Neste ámbito merecen especial consideración, á parte dos avances e retrocesos da representatividade do poder político, a construción das estruturas estatais, tanto centraiscomo periféricas, e as súas carencias; as ideoloxías e os movementos políticos que nacen e se desenvolven arredor dese proceso e a aparición de manifestacións protonacionalistas.
Convén ademais relacionar esta dimensión política con certos cambios fundamentais no réxime de propiedade da terra e no sistema produtivo, así como cos intereses e aspiracións dos grupos sociais máis importantes, de modoque se estableza un nexo comprensivo co bloque seguinte.
A España isabelina. O carlismo e as opcións liberais. Carlistas e liberais en Galicia. O Estado dos moderados e o seu labor.
Aínda que no estudo do período isabelino (1833-1868) poden e deben distinguirse etapas diversas, convén centrar a atención nos elementos xerais que lle confiren unidade, en tanto que é a época na que o liberalismose asenta no poder de xeito xa irreversible, diferenciándose dos precedentes intentos frustrados dende 1808.
Dende este punto de vista, debe subliñarse a inestabilidade que caracteriza o réxime, e que ten o seu mellor paradigma nas catro Cartas Magnas elaboradas. Dende a carta outorgada de 1834 (Estatuto Real), aparecen perfiladas as dúas tendencias do liberalismo español, os moderados e os...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Historia De España Bac 2
  • la baca
  • Soy bacán
  • El Bacan
  • HISTORIA 2º BAC
  • EL BACO
  • Bacan
  • Baco

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS