Historia Da Normativizaci N

Páginas: 5 (1183 palabras) Publicado: 17 de mayo de 2015

TEMA 2.- HISTORIA DA NORMATIVIZACIÓN: A CONSTRUCIÓN DA VARIEDADE ESTÁNDAR. INTERFERENCIAS E DESVIACIÓNS DA NORMA.

A variedade estándar, tamén chamada lingua padrón, é aquela que se acepta como modelo de lingua común e correcta, válida para usos formais e niveis medios e cultos. É a lingua que se utiliza na escola, nos medios de comunicación, nas institucións que organizan a vida política eadministrativa. É a variedade unificada que representa as outras posibles variedades da lingua (dialectais, contextuais e socioculturais). O proceso ao redor do cal se elabora esta variedade denomínase normativización ou estandarización.

As linguas veciñas ( español, portugués, francés…) levaron a cabo este proxecto xa nos séculos XVI e XVII, mais o galego quedou á marxe deste proceso e só o podeiniciar
a mediados do século XIX cando os escritores do Rexurdimento lle devolven o seu uso escrito e literario.

A construcción dunha variedade estándar é un proceso longo, laborioso e non exento de polémicas. Os primeiros pasos consisten na fixación dunha ortografía, a escolla dunha variedade común e a elaboración de gramáticas e dicionarios (os primeiros comezan a aparecer a partir de 1860)Para os autores do XIX queda claro que para escribir en galego non é suficiente a ortografía do castelán: son conscientes de que hai sons que non existen en galego, encontros vocálicos, diferenza entre sílabas tónicas e átonas, etc. Estas dificultades son superadas coa utilización profusa de apóstrofos, acentos graves, agudos e circunflexos, guións...
Nesta primeira etapa non se chega a facerningún acordo para a escrita do galego. Cada escritor vai consolidando un modelo de lingua máis ou menos fiel á súa variedade local e sen criterios establecidos para a adaptación de cultismos ou a representación de particularidades fónicas do galego. Con todo algunhas solucións acaban impoñéndose: o grafema x tanto para /∫/ (peixe) como para /ks/ (excelente), o dígrafo nh para // (algunha), autilización de apóstrofes para representar os encontros vocálicos (Lugar máis hermoso/ no mundo n´achara/ qu´aquel de Galicia/ ¡Galicia encantada!).

Hai que agardar a comezos do século XX para que xurdan as primeirsa tentativas de establecer unhas bases para a estandarización da lingua/ unha norma común. A primeira parte doSeminario de Estudos Galegos en 1933: Algunhas normas pra a unificazón doidioma galego. Entre os seus acertos, esta proposta logra poñer orde na adaptación de cultismos, que na época era bastante caótica, pois moitos escritores utilizaban adaptacións extravagantes (pseudoevolucións, hiperenxebrismos) sen base etimolóxica nin de uso, por afán diferencialista. A guerra e a ditadura impediron que esta proposta chegase a consolidarse.

A partir dos anos cincuenta vansexeralizando as normas de estilo ortográfico vixentes na Editorial Galaxia que podemos caracterizar por unha tendencia á eliminación dos signos ortográficos utilizados para representar os encontros vocálicos (apóstrofos e guións) e pola adopción dunha acentuación semellante á da ortografía do castelán (elimínanse os outros tipos de acentos).

Nos anos 70 xorden novas propostas, froito dun mellorcoñecemento da lingua galega viva, o que permite depurar o modelo de lingua estándar de castelanismos e hiperenxebrismos, ademais de adoptar un criterio científico para a adaptación de cultismos. Estas propostas cristalizan nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego de 1982, presentadas conxuntamente polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e a Real Academia Galega (RAG). Foi a primeira normativaoficial e nace nun momento clave: o nacemento da Autonomía de Galicia. É o galego estándar que se vén utilizando na administración pública de Galicia e no sistema educativo. Trátase dun modelo de lingua fortemente enraizado no galego falado.

Non todos os sectores da cultura galega aceptaron as Normas oficializadas de 1982. Algúns defenderon posturas favorables a unha normativa de achegamento...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Transcripci N DA 86
  • Clasificaci N Del Da O
  • Da o y reparaci n de DNA
  • PRESENTACI N DE DA O
  • A CRISE DA RESTAURACI N
  • História Da Cidade
  • Semana Galega da Historia
  • La historia te da la razon

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS