Hobbes - Locke
O Estado de natureza | Sería unha situación primixenia na que os seres humanos viviriamos en liberdade e igualdade; porén, a non existencia de leis nin autoridadeprovocaría unha ausencia de limitacións, que debido ó egoísmo e á natureza malvada e violenta do home (homo homini lupus) transformarían esa sociedade nunha guerra constante. Esta situación impediríacalquera tipo de avance ou progreso. | Sería tamén un estado primixenio da sociedade pero neste Estado o home gozaría de certos dereitos naturais ademais da liberdade e igualdade. Estes teríanse polofeito de pertencer á raza humana, aínda que non vivise en sociedade: dereito á subsistencia, á propiedade, á saúde... Non obstante, isto non implicaría que tales dereitos fosen respectados, ó non haberningún organismo con suficiente poder para obrigar a cumprilos. |
O pacto social | A orixe do pacto polo que o ser humano abandona o estado de natureza e se civiliza atópase no medo á situaciónanterior. O instinto de autoconservación e o desexo de seguridade fan que os seres humanos decidan voluntariamente renunciar ás liberdades e dereitos para pactar unha forma de vida represiva pero segura.De tal modo establécese un contrato social polo que se traslada todo o poder a un home (ou asemblea de homes) que se converte en soberano absoluto e garante a protección. Esta situación coñécese comoEstado Civitas. | Co obxectivo de asegurar o cumprimento dos dereitos naturais e inalienables, os homes pactan tamén libremente a incorporación á sociedade e a creación dunha autoridade. Porén, adiferenza de Hobbes, este contrato non comporta unha renuncia e posterior transferencia dos dereitos ó soberano. O que ocorre é o contrario: confíreselle poder a unha autoridade para que se protexanestes dereitos. |
Tipo de Estado | Este pacto voluntario constitúe a orixe do Estado; como dixemos, do contrato xorde un soberano, ben sexa un só home ou unha asemblea, que goberna de forma absoluta....
Regístrate para leer el documento completo.