Hola

Páginas: 16 (3976 palabras) Publicado: 11 de diciembre de 2013
TEMA 2 : A FILOSOFÍA NA HISTORIA
A Hª da Filsofía pódese entender como un diálogo permanente a través das épocas. Cada
corrente filosófica representa unha das formas de entender as posibles respostas sobre as mesmas
cuestións, que van sucedéndose, como deixando o "testigo" para a posteridade, como un camiño
aberto a todas as respostas que podan argumentarse, adaptándoas, iso si, ao momentohistórico e
sociocultural que lles toca vivir.
Son diferentes as concepcións e valoracións do ser humano que a HªFª che ofrecerá,
reflectindo un rexistro das formas de pensamento de cada época e, ao mesmo tempo, permite
entender a realidade actual, no sentido de rastrexar as pistas, os antecedentes dos problemas, que
veñen desde a antigüidade incitando a curiosidade e a reflexión humana.
Acontinuación ofrecemos unha cronoloxía básica das épocas, correntes e autores relevantes
nesta aventura filosófica:

FILOSOFÍA GREGA
Etapa arcaica: séculos VII-VI a.c.
En Asia Menor (Xonia) e Magna Grecia (Sur de Italia e Sicilia). En Mileto nace Tales é o
primeiro filósofo do que se ten noticia. A súa resposta racional á pregunta sobre a orixe do Cosmos
(natureza ordenada) está nun elementofísico e material: a auga. Este elemento orixinario do que
todo sae e ao que todo volve, é considerado algo que permanece como substrato.
Esta explicación na procura do ARKHÉ (elemento orixinario e explicativo-racional do
cosmos) aparece tamén noutros filósofos de Mileto, por exemplo en Anaxímenes, para quen o arkhé
é o aire. Ademais explica que, por condensación, obtemos do aire a auga e aterra (sólido: xeo)
mentres que por rarefacción (quecemento) do aire obtemos o lume. Os catro elementos materiais
que xa eran coñecidos na antigüidade e tamén asociados aos deuses na mitoloxía. Pero agora, a
forma de explicar as cousas e os fenómenos é racional e natural. Pero o filósofo de Mileto que fixo
unha reflexión máis profunda foi Anaximandro. Para el os catro elementos coñecidos xa teñenunha
determinación, unhas características diferentes que evolucionaron, é dicir, xurdiron dunha materia
anterior, infinita en cantidade e indeterminada nas cualidades, chamada Ápeiron, da que saíron
pares de opostos: (o día - a noite), (calor - frío) , (o seco – o húmido). Estes filósofos milesios
escolleron en definitiva a materia como explicación racional. Son os primeiros físicos daHistoria.
Pitágoras reflexiona sobre o cosmos desde unha perspectiva puramente FORMAL e xa non
escolle elementos materiais para dar razón do universo como algo ordenado. Precisamente as
matemáticas e os seus elementos son a clave para interpretalo: os números (par-impar), as figuras
xeométricas (relacións e proporcións) son agora os elementos de explicación. Trátase de
comprender a estruturaracional que ten o cosmos, a harmonía celeste. O universo está gobernado
segundo proporciones numéricas harmoniosas, e o movemento dos corpos celestes se rixe por
proporciones musicales (harmonía das esferas – concepción xeocéntrica))
Pitágoras funda unha escola en Crotona e os pitagóricos constitúen unha corrente importante
na antigüidade que terá unha influencia enorme en pensadores como Platón, etamén indispensables
para comprender a revolución científica no Renacemento e a importancia do papel das matemáticas
no coñecemento científico (física).
Outra idea filosófica que inauguran os pitagóricos é a cuestión da inmortalidade da alma e a
relación dualista entre a alma e o corpo. Estaban convencidos de que a alma, é dicir a intelixencia
racional ten unha dimensión diferente eindependente do corpóreo . Esta crenza procedía do
Orfismo ( culto a Orfeo), unha relixión que practicaban os pitagóricos. Pero esta idea pasará como
"testigo" á Platón, e despois a aproveitará o cristianismo para xustificar tamén a súa natureza
"divina", é dicir, inmortal.
1

Heráclito de Éfeso afirma que a realidade é DEVIR , movemento, cambio constante de
todas as cousas. Nada permanece...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • hola hola hola hola
  • hola hola hola hola hola
  • hola hola hhola hola y hola
  • hola hola hola
  • Hola Hola Hola
  • Hola Hola Hola
  • hola hola hola
  • Hola hola

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS