Introducción Á Teoría Do Emprego

Páginas: 5 (1082 palabras) Publicado: 29 de abril de 2012
INTRODUCIÓN
Á
TEORÍA
DO
EMPREGO
Joan Robinson

Feito por: Patricia Eijo Gómez
Joan Violet Robinson foi unha economista inglesa nada no ano 1903 e que viviu ata 1983. Pertenceu a corrente do keynesianismo, e entre outras moitas obras escribiu Introduction to the Theory of Employment (Introdución á Teoría do Emprego), que analizaremos a continuación e que ten como obxectivo explicar ateoría do emprego de Keynes desde un punto de vista máis simplificado.

Poderíase dicir que o obxectivo desta obra é explicar un dos maiores defectos do sistema económico: o paro. Nun sistema económico de empresa privada a cantidade de bens e servizos que se producen dependen directamente da demanda dos consumidores, xa que as empresas soamente producen a cantidade de bens que esperan que seconsuman co fin de obter beneficios. A demanda dos consumidores depende á súa vez da renta dos mesmos pero ninguén a gasta totalmente senón que entra en xogo outro factor que é o desexo de aforrar. O común e que cando unha persoa ve satisfeitas as súas necesidades primarias, aforre parte da súa renta acumulando riqueza e polo tanto consuma menos. Este desexo de aforrar fai que se reduza a cantidadeque as empresas invirten en bens de capital e en último caso é a razón que pode facer posible o paro. Podemos deducir que existe unha interacción entre o desexo de aforrar dos consumidores e o de invertir dos empresarios, que afecta ó emprego dunha forma clara.

En conxunto, a cantidade de aforro é igual á cantidade de inversión. A suma de todos os aforros é o aumento de riqueza total dentro doconxunto e este é a súa vez a inversión que se levou a cabo no mesmo período de tempo. Esto non significa que o aforro sexa o mesmo que a inversión, senón que teñen o mesmo valor cuantitativo.
As decisións de aforrar e de invertir son tomadas coa total independencia de cada individuo, e aínda así prodúcese este equilibrio no conxunto total de individuos. Para comprender como se produce esteequilibrio a autora expón o que pasa cando aumenta a inversión e o que pasa cando aumenta o desexo de aforrar.
O que pasa cando aumenta a inversión: No suposto de que nunha época de paro os empresarios decidisen incrementar a inversión (mantendo o mesmo desexo de aforro dos consumidores) aumentaría a actividade nas industrias de bens de capital. Esto traería como consecuencia directa o aumento dasrentas e dos beneficios, xa que as persoas que antes non tiñan traballo comezan a cobrar un salario. A actividade nas industrias de bens de consumo tamen aumetaría e produciríase de novo un aumento das rentas.
A cantidade aforrada é proporcional ás rentas polo tanto tamén aumentaría. Cando a inversión aumenta as rentas elévanse ata o punto en que se produce un aumento igual de aforro.
Oque pasa cando aumenta o desexo de aforrar: Supoñendo que o desexo de aforrar aumenta permanecendo igual as inversións dos empresarios, algúns individuos gastarían menos renta que antes. A actividade e a renta no sector dos bens de consumo decrecería e con este descenso das rentas o consumo reduciíase novamente e tería lugar un novo descenso de rentas.
Cando as rentas disminúen a cantidade queos individuos queren aforrar tamén o fai. Calquera que sexa a actitude dos individuos con respecto ao aforro a cantidade que aforren ven sempre determinada polas decisións dos empresarios.
Si o desexo de aforrar aumenta, as rentas decrecen na proporción necesaria para que o aforro non sexa maior que antes.
O equilibrio mantense a través dos cambios na renta.
A estas alturas da argumentaciónxa podemos dar unha explicación do que pasa cnado hai paro. Si a cantidade que os empresarios queren invertir fose que a suma que todos os individuos quererían aforrar o emprego total non podería existir.

Pódese diferenciar entre aumento primario e secundario do emprego. Cando se da un aumento da inversión nun momento de paro xeral, créase traballo nese ámbito no que se invirte e ese...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Teoria general do sistemas
  • Teoria de la defensa del karate do.
  • teoria del desarrollo organizacional (do)
  • teoria del comportamiento do y cibernetica
  • Empregan
  • Introduccion teoria general de la admon
  • Introducción A Las Teorias De Comunicación
  • Introducción A La Teoría De La Comunicación De Masas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS