Kant Filosofia

Páginas: 10 (2350 palabras) Publicado: 26 de octubre de 2015
1.Factores políticos,sociais e culturais que no século XVIII conducen á ilustración.
A ilustración é un movemento cultural que propón unha nova maneira de entender a natureza e o ser humano. Ocúpase especialmente da relixión ,a política,a ciencia e a filosofía. É un período de grandes transformacións . A clase que desenvolve o cambio social é a burguesía,que xoga un papel cada vez máisimportante na historia. Por primeira vez aparecen na sociedade individuos que, sen pertencer ao clero ou á nobreza ,están capacitados para participar en reunións,coñecer e debater ideas alleas e crear un pensamento propio. Con todo, os burgueses non teñen privilexios nin dereitos.
Esta loita para cambiar a mentalidade anterior, na que a monarquía absoluta tiña un control da sociedade case feudal,nace enInglaterra,desenvólvese en Francia e chega finalmente a Alemaña. Os intelectuais franceses , que vivían nunha monarquía absoluta fronte o parlamentarismo inglés , cobizaban a situación social inglesa e o seu clima de tolerancia relixiosa.
En Alemaña a ilustración chega un pouco máis tarde ,introducida polo rei Frederico II , quen tiña a intención de reformar o sistema político e educativo para queas ideas ilustradas de emancipación e autonomía chegasen ao pobo , pero sen deixalo intervir á hora de tomar decisións.
2.Características da razón ilustrada.
Os ilustrados confiaban na razón cegamente , xa que para eles era o único instrumento que podería proporcionar un coñecemento seguro e válido para interpretar o mundo. Os ilustrados loitaron contra todas as ideas preestablecidas : atradición , a relixión , a superstición. A ilustración tomará como referencias a Locke e Newton , e o resultado será unha razón analítica e experimental que permitía chegar a fórmulas abstractas só despois de traballar con feitos.
A análise é o mellor instrumento da razón para poder chegar a un coñecemento válido. A razón ilustrada é crítica porque aplica esta análise a todos os campos . Rexéitanse asideas innatas ou a iluminación divina . Tamén a tradición : a historia ou o pasado non son unha carga que deba soportarse sen criticar os erros e prexuízos que nos impón . A razón debe ser autónoma e liberarse das ideas que lle veñen impostas desde fóra.
3.As novas ideas.
Os antigos valores medievais veranse substituídos polos seguintes: Educación: expresións como ilustración designan unmovemento cultural que loita por levar a luz da razón a todos os homes e sacalos da ignorancia. Con este fin créanse revistas,dicionarios e a Enciclopedia. Progreso: se por primeira vez todos os homes teñen voz,a historia poderá apelarse á razón, conformando unha sociedade máis xusta. Humanidade: o proceso de secularización cultural afirma un humanismo que defende o valor da razón e a especial dignidadedo ser humano. Natureza: o materialismo explica o mundo sen recorrer a Deus, negando toda forza sobrenatural e o organicismo intenta explicar a natureza e chega a abrir camino á teoría celular e ao evolucionismo. Civilización : a barbarie é o oposto á civilización. Debe desaparecer toda práctica que atente contra a dignidade de calquera home.
Rousseau defende que a civilización crea desigualdadesocial e o seu progreso non conduce a mellorar os homes .
4.Biografía e obra de Kant.
Inmanuel Kant (1724-1804) naceu e morreu en Konisberg . A súa familia proporcionoulle unha estrita educación relixiosa, polo que cultivou unha moral férrea. Nunca saíu da súa cidade , non casou nin tivo fillos e viviu entregado ao estudo. A súa obra divídese en dous períodos . O primeiro, marcado polo seuinterese na física e nas ciencias . Máis tarde interesaríase pola metafísica.
5.A idea Kantiana de ilustración.
O pensamento Kantiano artéllase arredor da idea de suxeito . Todo ser humano,ten dignidade que é o resultado das súas facultades mentais . Kant dicía que servirse da propia razón era o mandato da ilustración . Critica toda norma que limite a liberdade . O Estado só pode ter unha base...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • kant filosofia
  • Kant Filosofia
  • Filosofia de kant
  • Filosofía: Kant
  • Filosofia De Kant
  • FILOSOFIA KANT
  • La Filosofía De Kant
  • Filosofia Kant

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS