La balanza comercial española

Páginas: 6 (1436 palabras) Publicado: 23 de octubre de 2010
BALANZA COMERCIAL ESPAÑOLA

A balanza comercial rexistra as importacións e exportacións de mercadorías, e permitenos saber se nun momento dado se está a producir ou non déficit comercial. O saldo de dita balanza é a diferenza entre as exportacións e as importacións, e a taxa de cobertura é a cantidade de importacións que se poden pagar coas exportacións efectuadas nun mesmo periodo de tempo.Evolución da balanza comercial
O período comprendido entre 1960-1975 caracterizouse polo crecemento da balanza comercial debido á apertura económica. Exportábanse principalmente produtos agrícolas porque a estrutura económica española seguía baseada maiormente no sector primario, e importábanse maquinaria e produtos enerxéticos debido á falta de modernización e de investigación científica etecnolóxica, que derivou nunha forte dependencia do exterior.
O aumento do prezo do petróleo en 1973 e 1979 duplicou o déficit comercial e iniciou unha crise, debido ao aumento da inflación e á diminución da demanda tanto externa como interna. As exportacións de bens de equipo, manufacturas e equipos de transporte cobran maior importancia agora, posto que o sector secundario ten un maior peso naeconomía, e entre as importacións destacan os combustibles, especialmente o petróleo, xa que aínda que España ten unha gran capacidade de refinería, apenas dispón deste ben.
O período comprendido entre 1986 e 1991 caracterízase pola entrada na Unión Europea, que provoca unha desviación do comercio cara a países integrantes da mesma, e pola crise económica que tivo lugar a inicios dos anos noventadebido a unha forte devaluación da peseta. A partir de 1993 destaca a expansión económica, acadando maior crecemento ca o resto da UE, pero tamén o aumento do déficit comercial a partir de 1997, facéndoo cada vez máis notable. A continuación un gráfico amósanos a evolución da taxa de cobertura ao longo destes anos, onde se aprecia a influencia destes feitos:

A tasa de cobertura acadou o seumáximo valor ata o momento en 1960, e a partir de entón podemos ver unha espectacular caída ao longo de cinco anos. A partir de 1965 inicia a súa recuperación, e pódense apreciar os descensos de 1975 e 1990, ambos correspondentes ás crises que tiveron lugar en España nesas datas. Na actualidade parece atoparse en lixeiro descenso, o que quere dicir que cada vez se poden pagar menos importacións cosingresos derivados da venda ao exterior.

Debido a que España é un país que importa mercadorías por un valor superior ás súas exportacións, a súa balanza comercial presenta un saldo negativo, que evolucionou de uns 3 ou 4 billóns de dólares no ano 2000, ata situarse nunha diferenza de ata 100 billóns na actualidade, o que indica que as importacións medran a un ritmo moito máis vertixinoso ca ovalor das vendas ao exterior. No seguinte cadro pódese ver os valores correspondentes ao saldo da balanza, cada vez máis negativo,e á cobertura de Galicia, España e a Unión Europea, entre 1996 e 2000 em cifras absolutas:

Evolución das exportacións e importacións entre os anos 2000 e 2009:

O primeiro gráfico correspondese coas exportacións mundiais levadas a cabo por España ao longo doséculo XXI, e o segundo representa as importacións realizadas durante ese mesmo periodo de tempo. En ambolos dous casos podemos observar un crecemento lento e constante ata o 2003, ano a partir do cal as operacións de compra e venda co exterior experimentan un gran crecemento, máis notable nas exportacións, e comezan a aumentar con maior velocidade ano tras ano ata situarse no 2009, respectivamente,preto dos 300 e dos 400 billóns de dólares.

Composición sectorial da balanza

No referente á composición sectorial da balanza, o sector secundario ten un claro predominio, xa que a industria do automóbil e derivados representan arredor do 20% das vendas totais. Teñen especial importancia ademais os produtos químicos e aceites, bens de equipo, alimentos (sobre todo froitas e legumes),...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Balanza De Pago y Balanza Comercial
  • Balanza comercial
  • BALANZA COMERCIAL
  • Balanza comercial
  • Balanza Comercial
  • Balanza comercial
  • balanza comercial
  • BALANZA COMERCIAL

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS