La federación ecologista Gallega

Páginas: 17 (4119 palabras) Publicado: 9 de mayo de 2013
INTRODUCIÓN
As asociacións ecoloxistas galegas desenvolven dende hai máis de dúas décadas un importante labor de concienciación ambiental da sociedade civil e de presión sobre as Administracións en defensa do medio ambiente do que depende o noso benestar e a nosa sobrevivencia. A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA (FEG) naceu para coordinar os esforzos das asociacións ecoloxistas de Galicia. 
Avoganpor un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, capaz de garantir as necesidades básicas de tódolos habitantes do noso planeta sen destruír o ambiente. Galicia é o seu ámbito de actuación e a sua prioridade. Dende Galicia tamén contribuen á defensa do medio ambiente global.
►¿Quén é?
A Federación Ecoloxista Galega (FEG) é a principal federación ecoloxista deámbito galego, actualmente formada por 16 asociacións, a maioría das asociacións ecoloxistas activas de Galicia, case todas de ámbito local ou comarcal.
Un dos obxectivos da FEG é debater, pór en común e desenvolver tanto pronunciamentos públicos como campañas sobre os principais temas ambientais nos que estean interesados varios grupos. Tamén pretende apoiar, na medida das súas posibilidades, otraballo das asociacións membros, así como favorecer a súa consolidación organizativa.
A FEG evita asumir o papel que corresponde ás asociacións ou coordinadoras locais e comarcais .
A FEG é unha organización democrática e independente das administracións, de empresas e de forzas políticas. A FEG colabora con outras organizacións ecoloxistas de fóra de Galicia e está integrada na PlataformaEcoloxista Luso-Galaica.
A FEG apoia o labor das asociacións que a integran, elabora propostas para a solución dos problemas ambientais, denuncia agresións ao ambiente, promove actividades reivindicativas e de información e educación ambiental, participa en órganos consultivos das administracións e edita publicacións.
A) ACOTACIÓN
1. Temporal:
A FEG naceu despois dun proceso de progresivoafortalamento da coordinación do movemento asociativo ecoloxista galego, proceso iniciado a mediados dos anos 80 coa celebración de asembleas periódicas para o encontro e o debate.

O movemento asociativo ecoloxista galego xurdiu a comezos dos anos 70, coa creación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Desde o inicio dos anos 80xurdiron grupos ambientalistas en diversas cidades e vilas de todo o país, moitos dos cales decidiron agrupar esforzos primeiro na AGENG e posteriormente na FEG.

En 1990 xurde a AGENG como coordinadora estable. Dende esse ano a AGENG-FEG promoveu e participou en numerosas campanas e accións de defensa ambiental a nível galego e apoiou actividades desenvolvidas pólas súas asociacións membras a nívellocal.

En 1996 a Asamblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza pasa a denominarse FEG.

Entre as accións desenvolvidas pola FEG e polas asociacións que a constitúen podemos salientar a promoción de senllas iniciativas lexislativas populares en defensa dun ordenamento e aproveitamento adecuado dos montes e da redución, a reutilización e a reciclaxe dos residuos, a loita contraproxectos ou instalacións ambientalmente inaceptábeis (complexo Celulosas-ELNOSA en Pontevedra e varios proxectos de celulosas, encoros de Navia e de Sela, numerosas minicentrais hidroeléctricas, parques eólicos da serra do Xistral, incineradora de lixo de SOGAMA SA...) ou a defensa de espazos naturais de elevado interese (Illas Cíes, Dunas de Corrubedo, Fragas do Eume, Marismas de Baldaio, Enseada doUmia-Ogrobe, Ribeiras do río Louro, Serras do Courel, Ancares, Xistral, Lastra, Candán, etc, etc).

O labor de sensibilización social e de presión política das asociacións de defensa ambiental galegas está detrás de moitos dos logros ambientais conseguidos en Galicia, como os planos de reciclaxe e compostaxe do lixo dalgúns Concellos, a paralización de numerosos proxectos e actividades...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Gallegos
  • Federacion
  • La federacion
  • federacion
  • la federacion
  • Gallego
  • Federacion
  • Federacion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS