La Población Española Y La Población Gallega (Geografía 2ºbach)

Páginas: 9 (2099 palabras) Publicado: 30 de enero de 2013
oA DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN
1) Características da distribución Os efectivos demográficos de España en 2008 ascendía a 46millóns de persoas. A súa distribución espacial analízase mediante a densidade de poboación (D=Poboación/Superficie en km²) e en 2008 a densidade española era de 91 hab/km. As áreas de alta densidade son Madrid, a periferia peninsular, as illas e Ceuta e Melilla. As áreas debaixa densidade son o resto. 2) Factores explicativas da distribución a. Na época preindustrial situáronse nas costas de relevo chairo e inverno suave. Co descubrimento de América cara Castela e despois da crise (séc.XVII) cara a periferia. b. Na época industrial (metade do s.XIX ata 1975)aumenta o seu peso Madrid e as rexións periféricas. c. Na época posindustrial tras a crise, os factores actuaisde desenvolvemento reforzan a consolidación demográfica de Madrid e dos eixes mediterráneo e do Ebro.

O MOVEMENTO NATURAL DA POBOACIÓN (mirar páx. 300)
1) Os réximes demográficos a. O réxime demográfico antigo: ata principios do séc. XX A natalidade era alta e mortalidade alta e oscilante, como consecuencia o crecemento natural era moi baixo b. A transición demográfica: 1900-1975 A natalidadedescendeu de forma suave e descontinua e a mortalidade xeral descendeu de forma acusada e continua menos ca gripe do 19 e a Guerra Civil, como consecuencia o crecemento natural da transición foi alto. c. O réxime demográfico actual: a partir de 1975 Natalidade descendeu moito e a mortalidade xeral é moi baixa, polo tanto a poboación envellecese e o crecemento natural é moi baixo 2) Osdesequilibrios territoriais no movemento natural da poboación Diferenzas entre comunidades debido a diferente estrutura por idades. Esta estrutura depende á súa vez de causas herdadas e naturais. As causas herdadas son o distinto comportamento tradicional da natalidade e as diferenzas de desenvolvemento económico, causantes das migracións. As causas actuais son os novos factores de desenvolvemento económicoa partir da crise e a inmigración estranxeira.  As comunidades autónomas con maior dinamismo demográfico contan con taxas de natalidade máis elevadas, taxas de mortalidade máis baixas e crecemento natural máis alto debido a un comportamento tradicional (Andalucía e Murcia), por ser foco de inmigración interna no pasado (Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares) ou por recibir unha forteinmigración estranxeira desde 1990.  As comunidades autónomas en declive demográfico teñen taxas de natalidade máis baixas, mortalidade máis alta e crecemento natural negativo (Galicia e as comunidades do interior peninsular)

1

OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS
1) As migracións interiores a. As migracións interiores tradicionais Desenvolvéronse entre o último terzo do século XIX e a criseeconómica de 1975 e caracterizouse pola motivación da migración foi laboral, os fluxos foron unidireccionais entre áreas emigratorias e inmigratorias e o perfilo característico dos emigrantes foi o de persoas novas, con baixo nivel de cualificación. As consecuencias disto, provocaron desequilibrios na distribución da poboación, no plano económico foi bo algunhas veces e malo outras provocandodesenconomías (inmigración masiva das cidades provocando problemas de solo, de vivenda e de servizos) ou subpoboación (falta de man de obra). Os tipos de migracións son:  As migracións temporais (entre o ultimo terzo do XIX e a década dos 60) Nuns casos, eran desprazamentos estacionais para realizar labores agrarios no campo e noutros eran desprazamentos temporais cara as cidades cando non había traballo nocampo  O éxodo rural (entre 1900 e 1975) é unha migración entre áreas rurais e urbanas con carácter definitivo ou de longa duración coa intención de conseguir traballo e ingresos máis altos. No primeiro terzo do século XX tivo un volume moderado, durante a guerra e posguerra estancouse. Entre 1950 e 1975 alcanzou o seu maior volume, despois decaeu e actualmente é moi baixo. b. As migracións...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • geografia poblacion
  • Geografia Poblacion
  • GEOGRAFIA DE LA POBLACION
  • Geografía de la población
  • Geografia de la poblacion
  • Geografia- la poblacion
  • GEOGRAFIA DE LA POBLACION
  • Geografia de la poblacion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS