Las pensiones

Páginas: 5 (1131 palabras) Publicado: 23 de abril de 2013
VÍDEO: “VERDADES Y MENTIRAS” DE MIREN ETXEZARRETA
O episodio actual da economía reflexa unha crise e políticas que atacan as condicións de vida das capas populares da poboación.
En canto aos sistemas de reparto das pensións, temos dous tipos:
Sistemas públicos (de reparto) que son a maioría. Neste os traballadores cotizan ao Estado, que paga as prestacións das persoas xubiladas. Non haiestancamento do diñeiro.
Sistemas privados (de capitalización). Nestes as persoas ou colectivos cotizan aos entes financeiros unha cota que estes acumulan e utilizan para negociar con el. O beneficio obtido pola negociación engádese ás cotizacións e a suma deles utilízase para pagar as pensións destas persoas cando chega o momento da súa xubilación. Hai unha acumulación do diñeiro.
Para paliar acrise destes, o Banco Mundial ofreceu dúas grandes vías:
Diminuír as pensións públicas.
Desenvolver sistemas privados de pensións nos que cada persoa pague individualmente a súa.
A mensaxe de que non haberá diñeiro para pagar as pensións foi moi asumida pola poboación debido a que hai un crecemento no número de anciáns (e tamén da esperanza de vida destes) e cada vez menos traballadores activos.O problema de que a sociedade teña unha gran porcentaxe de anciáns, implica unha mentalidade reflexada en: “se non aportas ingresos á sociedade, non aportas nada”.
Hai que facer matices sobre isto: é certo que aumenta a esperanza de vida, pero o crecemento das persoas maiores a partir de agora non vai ser maior que o que tiveron dende fai 50 anos ata a actualidade, co que a economía poderíaaguantar o financiamento das pensións.
Ademais, hai que comparar a poboación activa e pasiva (non só os anciáns), xa que a pasiva tamén aumentou por outras razóns, como o aumento da idade para incorporarse ao mercado laboral, máis nacementos, máis poboación inactiva, etc.
Continuando co problema de que hai menos traballadores para cotizar, a solución sería aumentalos, unha visión que tamén haique matizar xa que na actualidade o que falta son postos de traballo e non persoas para ocupalos, co que habería que modificar o mercado de traballo. Ademais plantéxase a idea de que os traballadores se desmotivarían se teñen que pagar unha maior cotización; nisto Miren di que non cre que suceda xa que non se negarán a pagar as pensións dos seus pais ou avós ademáis de que moitas destas pensiónsson as que os manteñen. Aparte, hai outros factores que poden desmotivar aos traballadores como a subida do IVA, pero estes factores nunca se plantexan.
Algunhas trampas dos sistemas políticos e gobernos:
Por que o presuposto das pensións e da S.S. ten que estar equilibrado? (entradas=saídas). No colectivo prodúcese unha riqueza social: unha parte distribúese individualmente, e outra partecolectivamente a través dos impostos, que financian os gastos colectivos.
Aquí temos exemplos de presupostos que non están equilibrados, por exemplo a monarquía, xa que non a pagan os monárquicos; e o exército, que debería ser pagado por oficiais, etc.
Polo tanto, a razón de que o presuposto das pensións teña que estar equilibrado é unha razón política que pode cambiar, xa que este presuposto nonten por que estalo.
Hai menos traballadores. Con respecto a isto, non importa o número, senón a riqueza que proporcionen. O Estado español é o dobre de rico que fai 40 anos, polo que ten o dobre de recursos, entón quen leva ese diñeiro? Dáselle importancia ao tema de que non podemos soster aos anciáns porque neste sistema se quere que importe.
Por que só teñen que pagar as pensións ostraballadores? Xa que o Estado decide pagar á monarquía e ao exército, pero decide tamén que as pensións só as paguen os traballadores. As pensións non son inviables, hai que corrixir isto nunha dirección para que as poboacións paguen conxuntamente.
Por último, todos estamos de acordo con que hai que financiar a educación aínda que aumente o número de nenos, co que tamén podería acontecer o mesmo co...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Pensiones
  • pension
  • Pension
  • Pensión
  • Pension
  • Pensiones
  • Pensiones
  • Pensiones

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS