Ley Servicios Sociales

Páginas: 80 (19903 palabras) Publicado: 15 de mayo de 2012
22.522

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS
PRESIDENCIA
Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos
sociais de Galicia.
Preámbulo
I
A igualdade de oportunidades no acceso ao benestar e á participación social é unha vella aspiración
do pobo galego e da humanidade enteira, expresada
nas máis nobres loitas, movementos e utopías que
mobilizaron a mulleres e homes de todas asépocas
que nos precederon. O artigo 25 da Declaración universal dos dereitos humanos expresa de maneira sintética esta arela de dignidade cotiá na vida de todo
ser humano, cando afirma que todas e todos terán
dereito a «un nivel de vida digno que lles asegure,
xunto coa súa familia, a saúde e o benestar, e en
especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e mais osservizos sociais necesarios».
Esa tensión cara ao establecemento dunha auténtica cidadanía social, ademais da xa consagrada
cidadanía política, trasladouse ás constitucións
europeas do século pasado. Así, no artigo 9.2 da
Constitución española séntanse as bases dun novo
modelo de estado social, no que os poderes públicos
quedan compelidos a desenvolver accións positivas
que creen as condiciónsnecesarias para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos nos
que se integra sexan reais e efectivas, remover os
atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e
facilitar a participación de toda a cidadanía na vida
política, económica, cultural e social.
Introdúcese así unha nova dimensión de fondo
calado político, desde o momento no que os poderes
públicos non sonobservadores neutrais nin se limitan a paliar as consecuencias das situacións inicuas
que afectan a cidadanía, especialmente as que o fan
de maneira selectiva e continuada no tempo. Ben ao
contrario, os poderes públicos están obrigados a
actuar positivamente en favor das e dos que quedan
ou están en risco de quedaren á marxe da sociedade
e a crear as condicións para que todas as persoas
gocen dunhareal igualdade de oportunidades.
Sobre ese principio foron construíndose os diversos sistemas de benestar do novo estado social, que,
ademais, pola súa peculiar diversidade, foron
tomando formas diferenciadas, en función do exercicio de competencias exclusivas polas diversas
nacionalidades ou rexións que o compoñen. Un
deses ámbitos, o social, correspóndelle como competencia exclusiva áComunidade Autónoma galega,
tal como se deduce do artigo 27.23º do Estatuto de
autonomía de Galicia.
Tendo en conta estas premisas, o Parlamento de
Galicia manifestou a súa vontade de establecer unha
regulación legal propia en materia de servizos

Nº 245 Xoves, 18 de decembro de 2008
sociais, mediante a aprobación da Lei 3/1987, do 27
de maio, e posteriormente mediante a Lei 4/1993, do
14 deabril. Estas leis, especialmente a última das
citadas, posibilitaron o nacemento e posterior desenvolvemento dun sistema de servizos sociais con
identidade propia, no que se identificaban niveis e
contidos e no que se implicaban as administracións
públicas e as entidades privadas.
As previsións e o enfoque da Lei 4/1993 resultan,
non obstante, insuficientes para dar satisfacción ásexpectativas de dereitos sociais das galegas e dos
galegos do século XXI. A propia dinámica de innovación e transformación dos servizos sociais e das
políticas públicas de inclusión, igualdade e benestar, tras case tres lustros de vixencia da dita norma,
aconsella unha revisión da estrutura, dos contidos e
das relacións entre as persoas que actúan no sistema. E, ademais, novos problemas sociaisobrigan a
unha actualización e a un novo deseño estratéxico
dos dispositivos e recursos, cuxa eficacia vai depender da súa coherencia e adecuación á cambiante
realidade social.
En efecto, nun contexto de globalización capitalista e de acelerada integración e apertura de mercados, prodúcense cambios na estrutura e calidade do
emprego; verifícase un incremento dos niveis de
desigualdade a escala...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • ley servicios sociales aragon
  • Ley de servicios sociales
  • Ley De Los Servicios Sociales En Andalucia
  • Ley servicios sociales
  • PRESTACIONES QUE OTORGAN LAS LEYES LEY DEL INSTITUTO DE SEGURIDAD Y SERVICIOS SOCIALES DE LOS TRABAJADORES DEL...
  • Ley de los servicios sociales
  • ley de servicios sociales
  • Ley de servicio social integral

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS