Literatura gallega de posguerra

Páginas: 21 (5001 palabras) Publicado: 19 de mayo de 2015


A LITERATURA DE POSGUERRA
1. CONTEXTO HISTÓRICO
2. CONTEXTO SOCIO-LINGÜÍSTICO
3. A LITERATURA
3.1 A LITERATURA GALEGA DO EXILIO
3.2 POESÍA: 1940-Á ACTUALIDADE
3.3 NARRATIVA: 1940-Á ACTUALIDADE
3.4 TEATRO: 1940-Á ACTUALIDADE
4. BIBLIOGRAFÍA

1. CONTEXTO HISTÓRICO
Despois do fracaso do golpe de estado franquista o día 18 de xullo de 1936 comeza a Guerra Civil española. En Galicia, o golpetriunfou e en menos de dous meses Franco fíxose co poder a causa da pouca resistencia oposta. Aínda que non houbo batalla, en Galicia instaurouse unha situación de terror motivada pola terrible represión contra a poboación. Todas as institucións, partidos políticos, revistas, editoriais ou xornais creados nas décadas de recuperación lingüística anteriores foron perseguidas e pechadas. Iniciativasculturais como o Seminario de Estudos Galegos vense obrigadas a cesar a súa actividade. E, persoas con importancia política ou cultural para o galego foron condenadas á morte, encarceradas ou exiliadas.
Todo isto, xunto á prohibición do uso do galego na escola, na igrexa e na administración, fixo que a nosa lingua sufrise un importante represión. De aquí xurdiu un silencio literario que só se romperíano exilio.
Nos anos 60, comeza un lento proceso de recuperación da sociedade e da lingua galega. Revistas e asociacións a favor do galego aparecen e a aumenta o número de persoas que falan galego sen medo.
Coa restablecemento da democracia tras a morte de Franco, remata a persecución do uso do galego e este pasa a ser recoñecido pola Constitución de 1978 e o Estatuto de Autonomía de Galicia de1981 como o idioma cooficial da nosa comunidade xunto co castelán.
2. CONTEXTO SOCIO-LINGÜÍSTICO
Coa chegada da Guerra Civil o 18 de xullo de 1936 instaurouse un réxime de terror en Galicia. Calcúlase que ao redor de 5 milleiros de persoas foron asasinadas. A todo isto habería que engadir as torturas varias, queimas de bibliotecas e arquivos (como os do Seminario de Estudos Galegos), etc.
Tras avitoria na guerra o novo réxime foise asentando e conseguiu apoios de diferentes sectores como a Igrexa. As transformacións económicas dos anos 60 provocaron unha nova corrente migratoria cara Europa.
O partido galeguista, ata entón clandestino, disolveuse a finais dos anos 40. No ano 1950 nace a editorial Galaxia centrada nun pequeno grupo organizado ao redor da figura de Ramón Piñeiro. Nos anos60, novas xeracións galeguistas fundaron partidos nacionalistas clandestinos (PSG e UPG). O nacionalismo galego protagoniza a maior parte das mobilizacións sociais de esta época.
Todo o labor da normalización lingüística levado a cabo polas Irmandades da Fala sufriu un corte nos primeiros anos da ditadura. O franquismo non lle concedeu ao idioma galego máis valor que o de dialecto. Instituciónscomo a escola, a igrexa e a xustiza ignoraban por completo a existencia do galego. A Real Academia Galega e o Seminario de Estudos Galegos foron tomados polas autoridades franquistas. A produción editorial en galego ata 1950 é practicamente nula.
Serán os exiliados (como Castelao, Seoane ou Rafael Dieste) os que manteñan vivo o proceso de recuperación lingüística desde cidades como Bos Aires oMontevideo. Promoven a publicación de libros, a edición de xornais e revistas, creación de grupos musicais, etc.
Entre tanto, en Galicia comezan a producirse os primeiros síntomas de recuperación coa publicación de Cómaros Verdes en 1947. Tamén aparecen algunhas editoriais que publican libros en galego. No ano 1950 nace en Santiago a editorial Galaxia e en 1951 a revista Grial e a colección Illa nova.No exilio as reaccións levan á Denuncia diante da UNESCO da perseguizón do idioma galego polo Estado Hespañol. A repercusión desta denuncia permitiu por exemplo a creación dunha cátedra de lingua e literatura galega na Universidade de Madrid e, no ano 1963, instaurouse a celebración do Día das Letras Galegas. Desprégase entón unha intensa actividade en galego (teatro, conferencias, edición de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La literatura de posguerra
  • La Literatura De Posguerra
  • Literatura De Posguerra
  • LITERATURA DE POSGUERRA
  • Literatura posguerra
  • Literatura De La Posguerra En Alemania
  • Literatura de Posguerra (1940-1960)
  • Características de la literatura de la posguerra española

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS