literatura infantil e xuvenil

Páginas: 12 (2829 palabras) Publicado: 17 de diciembre de 2014
X Curso de formación
continua. As literaturas
Infantís e Xuvenís Ibéricas
e Iberoamericanas.
A súa influencia na
formación lectora.
“Premios Literarios e de
Ilustración”

1. Síntese dos inicios das literaturas infantís e xuvenís nos
diferentes ámbitos lingüísticos.
En xeral, considerase que non existe literatura infantil como tal mentres non existe o
concepto de infancia como unhaetapa diferenciada da vida humana, coas súas
características e necesidades propias; e isto non ocorre ata o século XVIII.
Parece obvio que non pode existir unha literatura específica se non ten destinatarios
específicos. E antes que se instalara este concepto, os nenos consumían a mesma
literatura ca os adultos. Será a partir do século XIX cando se poida falar dunha literatura
infantil deperfís mais definidos.


A literatura infantil e xuvenil galega:

Na época medieval os nenos e adolescentes podían gozar de cantigas profanas e
relixiosas. Entre os séculos XV-XVIII, comezaron a emerxer estas literaturas debido a
nova consideración do neno. Nos séculos escuros non se produciu nada en galego. Foi a
comezos do século XIX e nos primeiros anos do XX cando se comezou a publicaralgo,
aínda que so nos podemos referir a materiais de transmisión oral.
Houbo que esperar ata comezos co século XX, a Época Nós, para ver publicadas as
primeiras mostras en volumes realizados con intención de dirixise ós mais novos. Isto
foi posible grazas as iniciativas educativas que xurdiron ao abeiro da Real Academia
Galega e as Irmandades da Fala. O mais importante deste período foi acreación das
“Escolas do Ensino Galego” en 1923, anexas ás Irmandades da Fala, que pretendían
poñer ó escolar en contacto coa lingua galega.
Estes feitos animaron a aparición das primeiras publicacións periódicas e
pedagóxicas como foi o caso de As roladas, e a publicación do primeiro método de
lectura en galego, realizado pola mestra Xosefa Iglesias Vilarelle.
En narrativa, chegaron a nós douscontos infantís dirixidos a nenos: Margarida a do
sorriso da aurora (Evaristo Corea Calderón) e conto de guerra (Camilo Díaz Valiño).
Tamén debemos ter en conta todos os relatos e contos de transmisión oral que se
recollían nas revistas e monografías. En canto a poesía debo dicir que foi un xénero
pouco cultivado; a primeira tendencia poética na poesía infantil e xuvenil foi a lírica detransmisión oral que conforma o chamado cancioneiro infantil.

O período de 1950-1980, foi unha gran época, grazas a creación da editorial Galaxia
en 1950, este acontecemento, xunto con outros fixo cambias o panorama sociocultural
galego. Esta nova situación levou aos mestres a dotarse de materiais para o ensino en
galego; de aquí aparece o catón galego.Tamén se viu a necesidade de achegarpublicacións periódicas á infancia.
En canto a narrativa, cabe destacar a obra de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno
labrego. Pero sen dúbida o mais importante cara a formación do sistema literario
infantil e xuvenil en galego foi a aparición das primeiras coleccións de contos infantís.
Neste momento é tamén cando se agudiza a preocupación pola recollida de materiais
líricos de transmisión oral. No1975 apareceu o primeiro cómic infantil, da man de
Raimundo Patiño.
A partir de 1980 e ata 1995 deuse a consolidación da literatura infantil e xuvenil
debido a escolarización en lingua galega.


A literatura infantil e xuvenil castelá:

Será só a finais do século XIX cando se poida falar dunha literatura infantil de perfís
mais definidos. Un feito importante para fixar os inicios é aaparición do primeiro
periódico infantil, La Gaceta de los niños, no que se inclúen pequenas pezas teatrais,
estampas costumistas, contos e diálogos. Será cara aos anos corenta do XIX cando faga
a súa aparición outro periódicos.
No século XIX continúanas iniciativas que constitúen as primeiras mostras, pero
aínda así estas mostras continúan sendo esporádicas. A única canle para unha...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Literatura infantil
  • Literatura infantil
  • que es la literatura infantil
  • literatura infantil
  • literatura infantil
  • literatura infantil
  • Literatura Infantil
  • Literatura Infantil

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS