Luís seoane lópez

Páginas: 11 (2750 palabras) Publicado: 11 de mayo de 2011
Luis Seoane López
Nace en Bos Aires en 1910 no seo dunha familia galega emigrada e sendo neno regresa a Galicia e estudia bacharelato e Dereito en Compostela, cidade onde se mergulla no ambiente das Irmandades da Fala e a Xeración Nós. Comeza a pintar influído por Paul Klee. A finais de 1936 embarca a Bos Aires como exiliado. Alí atópase con artistas galegos como Maruja Mallo, ManuelColmeiro Guimarás ou Federico Ribas. Desde 1939 e durante 20 anos dirixe a revista Galicia do Centro Galego de Bos Aires. Un dos seus libros “Homenaxe á Torre de Hércules” é seleccionad en Nova York en 1945 como un dos dez mellores publicados na última década no mundo. En 1952 publica “Fardel de exiliado” libro de poemas moi importante ó que seguirán outros ilustrados por el con gravados de aceirocomo “Na Brétema”, “Sant-Iago” e “Semellando recordos”.
Nos 50 está consolidado como artista plástico cunha ampla producción e decide introducirse na literatura considerando este, medio máis axeitado para espallar os seus ideais políticos. En 1958 obtén a medalla de plata na Exposición Universal de Bruselas e a medalla do Senado da Nación Argentina. Viaxa a Italia en 1960 para estudiar a obrad pintor Serafín Avendaño e en 1962 recibe o premio Palanza, o máis importante de Arxentina. Falece na Coruña 5 de abril de 1979.
Seoane é un expresionista con forte influencia de Picasso. Como grabador destaca na plancha de aceiro. A súa pintura é a síntese dos “ismos” europeos de entreguerras e da expresión americana de orixe autóctona precolombina.

Seoane e o proxecto deVangarda
O pintor insiste en recordar o tempo e a relación cos distintos contextos nos que se desenvolveu a súa vida. A súa obra e o seu discurso están ligados a unha utopía política e cultural durante a República, nos anos universitarios e reafirmadas no exilio.
No terreo artístico, este período inscríbese, no que se entende como un momento de transición entre a universalización dasvagardas históricas e a súa fase conclusiva
A determinación social da experiencia estética
Como é habitual entre os artistas da vangarda, existe en Seoane unha interrelación entre escritos e práctica artística que tensa á conciencia e a función que ten o artista como activista dunhas ideas e dunha moral que deberán proxectarse no espacio comunitario. Seoane sentiuno como unha obrigafronte a destrucción dunha cultura propia sumida na confusión e no esquecemento polo oscurantismo franquista. En numerosas ocasións chamouse a atención sobre os dous elementos fundamentais da base intelectiva de Luis Seoane, é dicir, o relato sobre a identidade e o mantemento vivo da memoria. Á actividade levada a cabo no campo da plástica hai que engadir o vasto labor escrito sobre variados aspectosartísticos. Actividades todas elas que coinciden na reflexión arredor do “núcleo da identidade”. A consideración da arte como instrumento fundamental para expresar uns valores ideolóxicos e configura-la conciencia desa comunidade é un feito obxectivo nas diferentes experiencias plásticas que o artista abordou.
Na súa obra plástica, o pasado de Galicia queda magnificado e os seuspersonaxes, aínda que anónimos, posúen dignidade. Hai constantes na súa obra como son: que apela a unha historia considerada como sucesión de feitos colectivos realizados por heroes anónimos e cotiáns, apela a unha historia de Galicia que é suma de ladrases, represións e dor e de sucesivos movementos dun pobo asoballado para acada-la liberdade, distingue entre historia superficial e profunda sendo a segundaconfigurada pola dos antepasados, aquela que realmente define a un pobo e na que se instala, é tamén destacable que superpón tempos históricos.
Defende a necesidade de asumir unha tradición autóctona na arte, o que o leva a destacar nos seus escritos, actitudes significativas comúns nela fundamentadas nun expresionismo consubstancial á arte galega ou no modo particular en que os autores...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Luis Seoane Hombre Polifacético
  • Luís Seoane
  • Voltaire y luis lopez nieves
  • Luis Echeverria y Lopez portillo
  • Luis Carlos Lopez
  • Luis López Nieves
  • LUIS ALBETRO LOPEZ ZUMAETA
  • Arboles Trabajo De Luis Lopez

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS