Manuel prevención riscos laborais
CURSO DE NIVEL BÁSICO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAISCONFORME AO ESTABLECIDO POLO R.D. 39/1997 DE 17 DE XANEIRO
TEMA I O TRABALLO E A SAÚDE. FACTORES DE RISCO
INTRODUCCIÓN
Traballo e saúde. Temos que citar ámbolos dous termos como introdución a unha materia na que o obxectivo baséase precisamente nas consecuencias da iteración entre ámbolosdous termos o traballo como orixe do risco e a saúde, como ben prezado para o home e que se pode ver alterada polo traballo. Pasando polos múltiples cambios que a concepción do traballo experimentou ó longo da historia do home chegamos á situación actual na que, lonxe de constituír exclusivamente un modelo de subsistencia, constitúe un importante elemento de valoración social e de desenvolvemento daactividade creadora de persoa, constituíndo ó mesmo tempo un dereito e un deber para ela. Por isto a tendencia actual neste campo débenos levar a acadar unha mellora nas condicións de traballo que leva a un nivel superior de vida, a fin de evitar que a saúde do home que traballa poida resultar afectada polas condicións que el mesmo creou para mellora-la súa calidade de vida.
COÑECEMENTOS
Relación ambiente- saúde no traballo Factores de risco laboral Consecuencias dos riscos laborais Técnicas de prevención Consecuencias dos danos laborais O modelo causal
HABILIDADES
Identifica-los distintos conceptos básicos Describi-las relacións entre ambiente e saúde Recoñece-los distintos factores de risco laboral Identifica-la terminoloxía básica presente na Lei
ACTITUDES Manter unha postura axeitada en temas de seguridade e saúde laboral. Preocuparse pola nosa seguridade e a de tódolos que nos rodean.
1. Relación Ambiente- Saúde no traballo
O concepto ideal de saúde definido en 1946 pola Organización Mundial da Saúde é “o estado completo do benestar físico, mental e social”, e non só a ausencia de afeccións e enfermidades. Isto é inalcanzable hoxe en díana maioría dos países polo que os expertos na saúde, prefiren falar do grao máis grande posible de benestar físico, psíquico e social, que permite unha forma de vida autónoma, solidaria e gozosa. Tamén debemos de ter en conta que a saúde é un fenómeno influído por múltiples variables e que, polo tanto, non é estable, senón que o estado de saúde, tanto individual como da comunidade, varía candocambian as condicións que actúan sobre ela. Dado que a saúde se considera un dereito fundamental da persoa, o acada-lo máis alto grao de saúde constitúe un obxectivo social de primeira orde, sendo preciso para o seu logro o aporte doutros sectores, sociais e económicos, ademais do puramente sanitario
A humanidade, polo menos nas nacións desenvolvidas, foi progresando e mellorando o seu nivel devida a partir do máis grande e mellor aproveitamento dos recursos naturais dispoñibles. O home acadou a síntese de novos produtos e a aplicación de novas formas de enerxía, dando lugar ó gran desenvolvemento industrial do noso século. Pero todo isto contribuíu a aumenta-los riscos que estes procesos levan consigo para a poboación en xeral e para o traballador en particular, causando o deterioro dasaúde e dando lugar a aparición de novos danos derivados do traballo. Podemos considera-lo traballo como unha actividade social organizada que permite acadar uns obxectivos e satisfacer unhas necesidades. O traballo modifica o ambiente que rodea ó traballador e se non se realiza nas condicións axeitadas podemos ver agredida a nosa saúde. O ambiente que rodea ó traballador podémolo denominar comoambiente orgánico, psicolóxico e social.
Ambiente orgánico O ambiente orgánico está constituído polos factores mecánicos, físicos, químicos e biolóxicos. Ambiente psicolóxico O ambiente psicolóxico é consecuencia dos sistemas de organización do traballo derivados do desenvolvemento tecnolóxico como monotonía, automatización, carga mental, que crean no traballador problemas de inadaptación,...
Regístrate para leer el documento completo.