Montesquieu e as mulleres nas cartas persas

Páginas: 6 (1480 palabras) Publicado: 19 de mayo de 2014


MONTESQUIEU, CARTAS PERSAS

CARTA XXXVIII





Topámonos ante un fragmento da obra Cartas Persas de Montesquieu, un dos principais pensadores da Ilustración en Francia; concretamente un fragmento da Carta XXXVIII.
Montesquieu naceu co nome de Charles-Louis de Secondat no ano 1689 nunha familia de nobreza rural e funcionariado xudicial; polo que estuda oratoria e dereito paracontinuar o legado da familia. Herda do seu tío o cargo de Presidente de Audiencia de Bordeos, as súas terras e o apelido Montesquieu polo que será coñecido posteriormente e participa activamente nos salóns tan de moda no momento entre as clases altas e ilustradas i é membro da Academia da Ciencias de Bordeos. Venderá o seu oficio para dedicarse a viaxar por Europa e as súas preocupacións intelectuaisirán acorde con aquelas do momento, algunhas as vemos claramente xa neste texto, coma a crítica política e social ou o interese pola historia clásica.
Cartas Persas foi publicada en 1721, polo que está considerada unha obra de xuventude onde,a maiores de facer sátira social e dos costumes, crítica ás institucións e reflexións morais, senta as bases do seu pensamento político que desenvolveráamplamente nunha obra posterior, O espírito das leis de 1748. Nela amosa unha ideoloxía moderada que propón unha reforma da monarquía francesa cautelosa, para maior entendemento entre as persoas gobernantes e as gobernadas. Será criticado tanto por sectores da igrexa coma xesuítas e xansenitas, coma por outros pensadores da época como Voltaire ou Helvetius. Como podemos ver, as Cartas Persas constitúenunha novela epistolar na que Montesquieu se sirve do recurso do regard étranger e das figuras coetáneas dos visitantes e as cartas que estes reportaban o goberno do seu Estado informando das súas estancias; un xénero literario xa con antecedentes en Italia, Francia e Inglaterra. Así mesmo outra característica propia da época e da Ilustración e o interese polo mundo oriental, de moda dende finaisdo XVII. Para compoñer as personaxes da novela, que son persas como indica o título, o autor estudou os relatos de viaxeiros coma Chardin e intentou documentarse. Moitos dos temas e preocupacións aparecidos nesta obra son os mesmos que posteriormente entrarán a debate no círculo ilustrado: demografía, divorcio, celibato eclesiástico, a lexitimidade da guerra de conquista, colonialismo, escravitude,a excesiva confianza no progreso da ciencia ou a desigualdade das mulleres. É este último tema o que trata o fragmento desta Carta XXXVIII.
Sempre participaron as mulleres europeas do mundo da política, a academia ou os negocios; terreos que supostamente segundo e moral do Antigo Réxime lles estaban vetados, polo que cando non eran rexeitadas pasaban case inadvertidas. Os presupostos filosóficos(Aristóteles, Tomé de Aquino…) relegábanas nun ton misóxino ás tarefas reprodutivas e domésticas; mais á altura do século XVIII eran xa moitas as que sen ocultarse frecuentaban os salóns e academias e participaban amplamente do panorama cultural (salóns coma o da marquesa de Rambuillet). Os cambios sociais e ideolóxicos fixeran xa do debate en torno as mulleres e a súa participación na vidapública unha cuestión principal no Renacemento coa coñecida como querelle des femmes, na que moitas persoas defenderon as súas diferentes posturas sobre todo en canto a participación feminina na política. Naquel momento a subordinación das mulleres argumentábase en basea orixes distintas da muller fronte ó home, tanto naturais coma divinas, que non só falaban dunha suposta inferioridade física senóntamén intelectual. A Ilustración é, igual que o Renacemento, o contexto cultural favorable no cal facer rexurdir esta discusión, pois se trata dunha corrente antropocentrista e de busca da racionalidade, de rexeitamento do prexuízos anteriores e ruptura no plano filosófico. I é neste momento cando pode dicirse que xorden as primeiras correntes realmente feministas, reclamar os dereitos das...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • montesquieu comentari cartas persas
  • AS MULLERES NA LITERATURA
  • GARANT AS CARTA MAGNA
  • la carta m,as oscura
  • Cartas persas
  • As Mulleres De Verdade Teñen Curvas
  • Mulleres
  • Anális cartas persas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS