non hay noite tan longa

Páginas: 2 (288 palabras) Publicado: 25 de octubre de 2014
Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seupai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súanai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. O encontro coa ánima do seupai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre. En Non hai noite tan longa atopamos os ecos dos temas esenciais da literatura e das figuras dos personaxesclásicos, inseridos nunha narración de escrita transparente que flúe coma a auga. Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosaindagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI. Maistamén, como acuñou Shakespeare nunha das pasaxes máis citadas de Macbeth -«Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día»-, esta obrapropón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas. Unha novela que non ha deixar a ninguén indiferente.
Agustín Fernández Paz (Autor/a)Colección: EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
6ª Edición - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Narrativa para adultos 2011 - Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción do ano 2011- Premio Redelibros ao Mellor Libro de Ficción, 2012 - Premio Losada Diéguez (Creación Literaria), 2012 - Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2011
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Trabajo Non Hai Noite Tan Longa
  • Non hai noite tan longa.
  • Non hai noite tan longa
  • non hai noite tan longa
  • non hai noite tan longa
  • Longa noite de Pedra
  • longa noite de pedra
  • Longa noite de pedra

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS