Longa noite de pedra

Páginas: 12 (2917 palabras) Publicado: 25 de enero de 2012
BIBLIOGRAFÍA
FERRIRO MÍGUEZ, Celso Emilio: Longa noite de pedra (1962) Ed. La Voz de Galicia
VV.AA. : Lingua e literatura galega (2001) Ed. Xerais
RAMÓN NICOLÁS: Guía de lectura de Celso E. Ferreiro (1992) Ed. do Cumio
CELSO EMILIO FERREIRO
Celso Emilio Ferreiro Míguez naceu en Celanova o 6 de xaneiro de 1912 no seo dunha familia acomodada.
Desde os primeiros anos da súa vida respirou oambiente do nacionalismo galego xa que o seu pai estaba vencellado a el.
Tamén no mesmo ambiente familiar entrará en contacto coa literatura galega lendo libros da biblioteca de seu pai onde había libros de poetas do s. XIX. De todos estes, destacará a influencia de Curros Enríquez, tamén natural de Celanova.
O período que vai entre 1934-36 será moi importante no tocante á súa actividade política eaos seus traballos como xornalista. Neste período funda xunto con Xosé Velo Mosquera as Mocedades galeguistas.
Durante a Guerra estivo en Asturias onde combatiu no bando franquista en contra dos seus ideais. Será alí onde coñeza á que despois sería a súa muller, Moraima, musa de moitos dos seus poemas.
Durante a posguerra marcha a Pontevedra onde dirixiu a colección de poesía Benito Soto.
Apartir de 1950 pasa a residir en Vigo, cidade na que publica as súas primeiras obras e tamén colabora no xornal Faro de Vigo.
No ano 1962 publica Longa noite de pedra que marca o inicio dunha nova etapa na vida do poeta adicada á política e que terá curta duración; trátase da militancia no P.C. á que seguirá a fundación da UPG (Unión do Pobo Galego) xunto con outros personaxes, moitos deles taménescritores, e de onde será expulsado posteriormente polos seus compañeiros acusándoo de marxista.
En 1966 emigra a Venezuela. O poeta tiña idealizada a Galiza emigrante, pois pensaba que ao outro lado do océano existía unha Galiza libre, lonxe da que el coñecía, oprimida e fundida na miseria. Pero cando coñece a realidade da Galiza emigrante,cambia de opinión. Atópase con galegos enriquecidos eegoístas que só buscaban o seu propio proveito explotando aos novos emigrantes galegos que tamén, coma os outros, buscaban na emigración unha vida mellor.
A partir de aquí escribirá a súa obra: Viaxe ao país dos ananos; unha obra chea de sátira que o convertirá nun libro polémico.
Ao regresar de América en 1973 ponse a dirixir a aula de literatura galega do Ateneo de Madrid. A súa relación conGaliza foi constante e incluso participou nas eleccións de 1977 na candidatura nacionalista de Unidade Galega.
Falece o 31 de agosto de 1979 en Vigo.
Outras obras de Celso Emilio son: O soño sulagado (1955) que é o seu primeiro libro de poesía. Froito da mesma experiencia que reflicte en Viaxe ao país dos ananos tamén publica Cantigas de escarnio e maldicer (1968) e Paco pixiñas (1970). Seguindoa mesma liña satírica publica en 1973 Cemiterio privado. E xa en 1975, o seu último libro é Onde o mundo se chama Celanova que se divide en dúas partes: a primeira co mesmo título do libro , trata o tema da saudade, provocada pola lembranza da súa terra natal; a segunda parte leva o título de “Moraima: diario de a bordo”. Aquí o tema central é a presencia de Moraima, a súa muller.
Outros librosde poesía de Celso Emilio son Cartafol de poesía, caderno feito en colaboración con Xosé Velo en 1936; Terra de ningures (1969) e Antipoemas que non se publica ata 1975 por problemas de censura.
INTRODUCCIÓN
Longa noite de pedra (1962) foi o libro que tivo maior difusión fóra e dentro de Galiza, isto veu favorecido polo feito de que tamén se publicou en castelán, o que aumentou considerablementeo número de lectores e, ademais o momento político da súa publicación (inicio dun novo movemento nacionalista galego dentro do franquismo) tamén tivo importancia. Ademais disto, algúns poemas foron musicados.
Do conxunto dos poemas, hainos que foron publicados anteriormente en revistas como Vieiros, pero a gran parte foron escritos despois da guerra e mesmo durante a mesma.
A denominación do...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • longa noite de pedra
  • Longa Noite De Pedra
  • non hai noite tan longa
  • Trabajo Non Hai Noite Tan Longa
  • non hay noite tan longa
  • Non hai noite tan longa.
  • Non hai noite tan longa
  • non hai noite tan longa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS