Os nomes do tradior, de x. sierra veloso

Páginas: 6 (1394 palabras) Publicado: 4 de diciembre de 2011
“More is comunicated than is said” é, segundo o meu manual de Pragmática, a base da lingüística post-oquesexa. O libro de Xurxo Sierra Veloso podería perfectamente estar escrito por un moderno lingüista entregado a investigar o xogo dos “unsaid”.
Os personaxes-narradores minten continuamente: míntennos a nós, míntense entre eles e míntense a si mesmos, pero non logran ocultar a verdade, porque alinguaxe é un instrumento poderoso dabondo para revelar, non só o que non queremos dicir, senon tamén o que non sabemos que sabemos. Os nomes do traidor son Bernardo Delanuit, Manuel Fernández Castro, Xosé Luis Vidueira, pero tamén Sampaio, Figueroa, Columbus, Xenebra, Alicia.... poida que ti e máis eu tamén levemos nomes de traidor.
O xogo da linguaxe queda claro dende o primeiro capítulo,cando o narrador fala de Figueroa: “aconsellou vida normal e compaña canina. Non é o verbo axeitado; o correcto sería dicir “esixiu” ou “impuxo”. Supoño que digo aconsellou porque tamén eu son vítima da voz suave e dos xestos amables de Figueroa.” As palabras de Figueroa, suaves, aparentemente preocupadas pola seguridade e o benestar, esconden un profundo desprezo e un afán autoritario, controlador,extremadamente mecánico e frío na súa “profesionalidade”.
Máis evidentes aínda son as de Sampaio, cargadas de retórica e espiritualidade, repetindo machaconamente as súas nobres motivacións (“Xustiza”, “Beleza”, “Arte” ou “Orde”). Con elas pretende, sen conseguilo, esconder a súa amargura, a súa codicia, o seu afán de vinganza: “as acción que cometín e ordenei tiveron sempre un propósitodidáctico, a intención nobre e sincera de que serviran para corrixir os erros cometidos e devolver aos seus autores ao camiño correcto”/ “cando un é novo, dálle unha importancia ridícula á tranquilidade da propia conciencia […] agora sei que, máis alá da brancura moral de cada persoa, está o fulgor das grandes verdades, a Arte, a Beleza, a Orde.”
Os métodos dos mafiosos e dos policías son exactamente osmesmos, tal como se reflexa nos sucesivos procesos de cambio de identidade do protagonista. Ademais, no episodio colombiano tanto uns coma outros ocultan as súas verdadeiras intencións: o enriquecemento mediante o tráfico de drogas non parece tan terrible cando se pon en paralelo coa explotación turística e comercial que persigue a delegación do goberno. Todos utilizan uns valores que poden soarmoi familiares aos receptores de medios de comunicación actuais: o goberno afirma crear postos de traballo e riqueza para Colombia (cando en realidade vai buscando traballo máis barato e cómodo para os empresarios, que tamén se quedarán coa riqueza), e Sampaio só fala de crear unha obra de arte, unha “escenificación” irónica e enxeñosa. Curiosamente, o personaxe-narrador máis novo, Alicia, aportaa crítica máis explícita na súa reflexión sobre a Igrexa: di que esta, coma as multinacionais, ten tres caras: o que a xente ve dende lonxe, o que lle intentan mostrar cando se acerca, e a verdadeira cara (a máis fea). Trala lectura do libro, queda claro que goberno, empresarios, policías e mafiosos poderían perfectamente conter, cando menos, as dúas últimas caras.
Aparte destesenganos-autoenganos claros, hai outros, mais persoais, que só aparecen suxeridos. Ou poida que esta vez sexa eu a que estea a proxectar algo na lectura (a lectura tamén é, debe ser, unha traizón). Delanuit míntese a si mesmo adoptando unha aparente frialdade, que se pon especialmente en evidencia na súa relación coa cadela (percíbese un cariño maior do que lle gustaría admitir), e que fai sospeitar que sexaigual coa familia. A miña impresión é que ese abandono é a traizón que verdadeiramente sustenta o seu sentimento de culpa (“eu debo ser calquera cousa menos un exemplo para a sociedade”; “son un tipo que abandonou voluntariamente á súa familia, así que ninguén me pode pedir que lle regale agarimos a un animal que se permite o luxo de condicionar os meus horarios a forza de mexos e excrementos”)....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Caetano Veloso
  • Sierras
  • la sierra
  • sierra
  • Sierra
  • La Sierra
  • la sierra
  • La Sierra

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS