Paau2001 Bioloxia

Páginas: 17 (4144 palabras) Publicado: 2 de noviembre de 2015
CiUG
COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA

PAAU (LOXSE)

Código: 24

XUÑO 2001
BIOLOXÍA

Pregunta Obrigatoria. Tódolos alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria.
Valoración: 2,5 puntos.
VIRUS
a) Elabora a túa propia definición de virus incluindo catro características dos mesmos.
b)¿Cal é a diferencia esencial entre os ciclos lítico e lisoxénico dos virus?.
c) ¿Por queas enfermidades víricas non se curan con antibióticos?.
d) ¿Que é un plásmido?. ¿Que aplicacións teñen en enxeñería xenética?.
e) ¿Por que o virus da SIDA produce inmunodeficiencia?.
Bloque I. Das 5 cuestións responde só a 3. Valoración: 4,5 puntos (1,5 puntos por cuestión).
· I.1 Relaciona as seguintes macromoléculas coa súa función biolóxica indicando en cada caso as súas
unidades estructuraisbásicas: a) fosfolípidos, b) ácido desoxirribonucleico, c) glucóxeno, d) triglicéridos,
e) ATPasas. Indica tamén en qué rexión da célula se localizan.
· I.2. Cita 3 orgánulos delimitados por unha dobre membrana e 3 por membrana simple, sinalando en cada
caso a función correspondente.
· I.3. Debuxa un cromosoma metafásico e indica as súas partes mediante flechas. ¿Que relación existe entrecromosoma e cromatina?, ¿e entre cromatina e nucleosoma?.
· I.4. Sinala 3 semellanzas e 3 diferencias entre mitocondrias e bacterias. Di qué teoría relaciona bacterias
e mitocondrias e explica brevemente o seu enunciado.
· I.5. Sinala as diferencias en estructura, composición e función entre a membrana celular e a parede celular
Bloque II. Dos dous grupos de termos elixe un e agrupa de tres en tres,mediante unha frase, os termos
relacionados. Valoración 1,5 puntos.
· II.1. ARN, ósmose, ribosomas, colesterol, bacilo, membrana, Koch, precursor, fase luminosa, hormonas,
tuberculose, proteínas, semipermeable, estroma, cloroplasto.
· II.2. Schleiden e Schwann, proteínas, envoltura, fermentación, monosacárido, teoría, láctica, enlaces
peptídicos, ARN, músculo, celular, nuclear, poros, aminoácidos,ribosa.
Bloque III. Das 20 preguntas de Verdadeiro/Falso hai que responder só a 15. As respostas erróneas
puntúan negativamente. Valoración: 1,5 puntos.
1. As plantas teñen cantidades de graxa similares aos animais
2. O axente patóxeno causante do mal das vacas tolas denomínase virión
3. O ciclo de Krebs e a beta-oxidación lévanse a cabo na matriz mitocondrial
4. A ADNpolimerasa participa na formacióndo ARNmensaxeiro
5. Durante a meiose non se duplica o ADN
6. Os aminoácidos esenciais son os que poden ser sintetizados polo organismo
7. Unha hipótese que foi confirmada moitas veces denomínase teoría
8. O etanol da cervexa procede da glucosa da uva
9. A glucolise é a síntese de glucosa a partires do ácido pirúvico
10. A reacción de Fehling utilízase para identificar azucres reductores
11. Omicroscopio electrónico utiliza electróns para iluminar a mostra
12. O fuso mitótico está formado por microfilamentos
13. Na fotosíntese consúmese glucosa e prodúcese O2
14. A glucolise ten lugar na matriz mitocondrial
15. Un organismo con número diploide 20 (2n=20) presenta 10 tétradas durante a profase I da meiose
16. Os ribosomas son exclusivos das células eucariotas
17. A replicación do ARN ésemiconservativa
18. Nos seres aeróbicos o aceptor final de electróns é o osíxeno
19. O enzima RUBISCO non se encontra en células eucariotas animais
20. O termo célula foi acuñado por Hooke

CiUG
COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA

PAAU (LOXSE)

Código: 24

SETEMBRO 2001
BIOLOXÍA

Primeira letra (extremo 5')

Terceira letra (extremo 3')

Pregunta Obrigatoria. Tódolos alumnos deben responder aesta pregunta aínda que non é eliminatoria.
Valoración: 2,5 puntos.
Segunda letra
Nun segmento da cadea de ADN a secuencia de bases é
U
C
A
G
3’-TACCTACTGGCATTCATGCGAACG-5’.
UUU phe UUU
UUU tyr UUU cys
a) ¿Cal sería a secuencia de bases dunha cadea de ARNmensaxeiro
UUC
UUC
UUC
U UUC
U
UUA leu UUA ser UUA
UUA
transcrita a partires de ese segmento de ADN? ¿En que lugar da célula
UUG
UUG
UUG
UUG trp...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • bioloxia
  • Bioloxia procariotas
  • Grao En Bioloxía
  • Bioloxía
  • Paau2003 Bioloxia
  • Paau2004 Bioloxia
  • Paau2007 Bioloxia
  • Paau2002 Bioloxia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS