Bioloxía

Páginas: 9 (2191 palabras) Publicado: 7 de agosto de 2011
Estrutura da célula eucariota e as súas funcións
Nas células eucariotas podemos distinguir 3 partes fundamentais: membrana plasmática, citoplasma e núcleo. A táboa seguinte describe o seus compoñentes diferenciando estrutura composición e función.

Compoñente celular | Estrutura e composición | Función |
Membrana plasmática | É un fina envoltura que rodea a célula. Da cordo co “modelo domosaico fluído”está formada por unha bicapa de fosfolípidos (4) na que se encontran diferentes proteínas (3), que poden integrarse na bicapa (proteínas integrais) o situarse na superficie interna ou externa da mesma (proteínas periféricas). Na cara externa da membrana existen glícidos (2) unidos covalentemente a proteínas e lípidos formando respectivamente glicolípidos e glicoproteínas. Ocolesterol (1) é outro compoñente importante da membrana nas células animais, atópase embebido no interior da bicapa e encárgase de regular a fluidez da membrana. Esta estrutura básica con distintas variantes repítese en todas as membranas biolóxicas por iso recibe o nome de membrana unitaria. | A membrana plasmática controla a entrada e saída de materiais (permeabilidade selectiva) , participa nasinteraccións célula-célula e é un elemento fundamental na comunicación celular, recibindo sinais externas e transmitindo dita información ao interior celular. |
Parede celular | A parede celular é unha estrutura grosa e máis ou menos ríxida situada por fóra da membrana plasmática. Non teñen parede as células dos animais e dos protozoos. A celulosa é o principal compoñente da parede celular vexetal. |A súa función e protexer e dar forma á célula. A parede celular vexetal está sempre perforada por punteaduras, que permiten a comunicación directa dos citoplasmas e dos RE entre as células dos tecidos vexetais. |
Citoplasma | E o material situado entre a membrana plasmática e a envolta nuclear, consta de hialoplasma ou citosol, citoesqueleto e orgánulos citoplásmaticos, que poden ser nonmembranosos (ribosomas e centriolos) ou limitados por membranas internas (retículo endoplasmático, aparato de Golgi, lisosomas, peroxisomas, vacúolos, plastos e mitocondrias. | O hialoplasma ou citosol é un medio acuoso onde teñen lugar moitas das reaccións do metabolismo celular. O citoesqueleto é unha rede de filamentos proteicos de lonxitude e grosor variable que se encarga da organización dosorgánulos no citoplasma, participando tamén no mantemento da forma da célula e nos seus movementos intra e extracelulares. |
Ribosomas | Os ribosomas son complexos macromoleculares presentes en todo tipo de células. Están formados por ARN e proteínas e só son visibles con microscopio electrónico. Constan de dúas subunidades que só se unen nos momentos de actividade. Nas células eucarióticas osribosomas poden estar illados no citosol ou asociados ao retículo endoplasmático, constituíndo o RE rugoso, e na cara externa da envoltura nuclear.As mitocondrias e os cloroplastos conteñen ribosomas, que son semellantes aos ribosomas procarióticos. Este é un dos feitos apoian a teoría endosimbiótica da orixe destes orgánulos. | A súa función é a síntese de proteínas a partir da información do ARNmensaxeiro (tradución). |

Centrosoma | Éstá presente en todas as células eucariotas excepto nas células das plantas superiores. Está formado por dous centríolos, estruturas cilíndricas, dispostas perpendicularmente entre sí constituídas por túbulos de proteínas dispostos de forma semellante aos que forman os cilios e flaxelos. Os centríolos posúen o seu propio DNA e como as mitocondrias,pódense autoreplicarNas células vexetais, sen centrosoma, existen centros organizadores do citoesqueleto dispostos arredor do núcleo | O centrosoma organiza todos os elementos do citoesqueleto, del centrosoma derivan cilios e flaxelos e as fibras do fuso acromático ou fuso mitótico durante a división celular.Cilios e flaxelos son prolongacións citoplasmáticas que aseguran os movementos da célula...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Bioloxia procariotas
  • Grao En Bioloxía
  • Paau2001 Bioloxia
  • Paau2004 Bioloxia
  • Paau2007 Bioloxia
  • Paau2002 Bioloxia
  • Paau2003 Bioloxia
  • Bioloxia molecular

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS