Paau2002 Bioloxia

Páginas: 13 (3185 palabras) Publicado: 2 de noviembre de 2015
24

BIOLOXÍA
Pregunta Obrigatoria. Tódolos alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é
eliminatoria. Valoración: 2,5 puntos.

Na figura móstranse TRES biomoléculas identificadas cun número:
a) ¿Que biomoléculas se representan?. b) ¿Que tipo de enlace característico aparece na 1?, ¿e na 3?. c) ¿Como se comportaría a molécula 2 nun medio acuoso?. d) Cita unha ruta metabólica específicada molécula 2 e outra relacionada
coa 3. Indica dúas rutas metabólicas comúns á 2 e á 3. e) ¿Que niveis estructurais poden establecer as moléculas do
tipo 1?.
Bloque I. Das 5 cuestións responde só a 3. Valoración: 4,5 puntos (1,5 puntos por cuestión).
I.1) ¿Cal é a importancia da mutación e a recombinación nos seres vivos?. ¿Por que unha mutación puntual pode causar unha enfermidade?. Razoabrevemente a túa resposta.
I.2) ¿Que é unha levadura?. Cita 2 procesos industriais nos que participa. ¿Que é unha fermentación?.
I.3) Brevemente, explica a relación estructural que hai entre nucleosoma, cromatina e cromosoma. ¿É igual o material
xenético dos cromosomas homólogos?, ¿e o das cromátidas irmáns?.
I.4) Definir os seguintes termos: antíxeno, macrófago, interleucina, soro, SIDA.
I.5) Debuxa aestructura dun cloroplasto sinalando os seus compoñentes. ¿Onde ocorren as fases escura e luminosa
da fotosíntese.
Bloque II. Dos dous grupos de termos elixe un e agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados. Valoración 1,5 puntos.
II.1) microfilamentos, ATP, lisosomas, triacilglicéridos, linfocitos B, microtúbulos, encimas hidrolíticos, transporte
activo, glicerol,maduración, citoesqueleto, ácidos graxos, enerxía, orgánulos, médula ósea.
II.2) RUBISCO, ribosomas, fotofosforilación, timina, parede celular, vexetal, encima, rugoso, ADN, cíclica, retículo
endoplásmico, celulosa, ATP, fixación do CO2, base nitroxenada.
Bloque III. Das 20 preguntas de Verdadeiro/Falso hai que responder só 15. As respostas erróneas puntúan negativamente. Valoración: 1,5 puntos. Nonescribir as respostas nesta folla.
1) As vacinas proporcionan inmunidade artificial pasiva.
2) Algúns xenes teñen intróns, exóns e axóns.
3) A difusión pasiva non require transportadores.
4) Os polisomas participan na síntese de proteínas.
5) O código xenético é universal con excepcións.
6) Ó quentar suficientemente o ADN pode desnaturalizarse.
7) As moléculas de encima destrúense ó finalizar areacción.
8) Tódolos aminoácidos teñen C, N, S, O e H.
9) Okazaki demostrou que a replicación do ADN é semiconservativa.
10) Os virus que infectan vexetais posúen clorofila para autorreproducirse.
11) Os monosacáridos dan positiva a reacción de Fehling.
12) O anticodón ten a secuencia complementaria ó codon.
13) O almidón é un polisacárido de reserva animal.
14) Un microscopio electrónico é todo aquel quenecesita conectarse á corrente eléctrica.
15) Os linfocitos T participan na inmunidade celular.
16) Unha ponte de H é un tipo de enlace covalente.
17) O colesterol é o precursor metabólico dalgunhas hormonas.
18) O promotor dun xene encóntrase localizado no extremo 5’.
19) Os plásmidos son fragmentos de ARN bacteriano
20) Os microtúbulos son un tipo de estructuras do citoesqueleto.

24

BIOLOXÍAPregunta Obrigatoria. Tódolos alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria. Valoración:
2,5 puntos.

A figura anexa é unha representación tridimensional.
dun orgánulo típico das células eucariotas.
a) Pon nome a 10 das 11estructuras sinaladas.
b) Describe brevemente a función das sinaladas cos
números 4, 5, 6, 7, 9 e 10.
c) ¿En que fase do ciclo celular dirías que seencontra
a célula que contén estas estructuras?
d) ¿Cal é a estructura equivalente en procariotas?

Bloque I. Das 5 cuestións responde só a 3. Valoración: 4,5 puntos (1,5 puntos por cuestión).
I.1) Indica en qué orgánulos e en qué parte dos mesmos teñen lugar os seguintes procesos: a) -oxidación dos ácidos graxos, b) ciclo de Krebs, c) cadea de transporte de electróns, d) ciclo de Calvin-Benson....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • bioloxia
  • Bioloxia procariotas
  • Grao En Bioloxía
  • Bioloxía
  • Paau2001 Bioloxia
  • Paau2004 Bioloxia
  • Paau2007 Bioloxia
  • Paau2003 Bioloxia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS