Paau2007 Bioloxia

Páginas: 14 (3360 palabras) Publicado: 2 de noviembre de 2015
24

BIOLOXÍA
Pregunta Obrigatoria. Todos os alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria.
Valoración: 2,5 puntos.
No citoplasma dunha célula eucariota, di os compoñentes do citoesqueleto indicando a composición química
e a función de cada un deles. ¿Que é o citosol? ¿Cal é a súa composición?; explica o proceso metabólico da
glicólise indicando o composto inicial de partidae o que se obtén ao remate deste proceso ¿Con que outros
procesos metabólicos está relacionada a glicólise?
Bloque I. Das cinco cuestións responde só a 3. Valoración: 4,5 puntos (1,5 puntos por cuestión)
I.1 Escribe a fórmula xeral dun aminoácido indicando cal é a súa propiedade máis importante e formula o composto
resultante da unión de tres aminoácidos. ¿Que tipo de enlace se establece entrecada un deles e como se chama
ese enlace? ¿Que outros tipos de enlaces manteñen estable as distintas estruturas das cadeas polipeptídicas?
I.2. Se tiveses ó teu dispor un microscopio óptico con obxectivos de 4x, 10x, 40x, 100x. ¿cales das seguintes
estruturas ou organismos poderías visualizar e con que obxectivos?: virus da gripe, linfocito, mitocondria, a
grana do cloroplasto, cromosoma, bacteriaintestinal, ribosoma, gran de polen, mofo do pan, núcleo.
I.3. Explica brevemente cómo se produce o fluxo de información xenética nun organismo. Di en qué consiste
cada un dos procesos biolóxicos implicados neste fluxo.
I.4. ¿Que son e qué función desempeñan os lisosomas na célula? ¿Cómo se forman? Lisosomas primarios
e secundarios.
I.5 No gando de corno curto a cor da pelaxe pode ser vermella,branca ou ruá. Ruán é un fenotipo intermedio
cunha mestura de pelos vermellos e brancos. A partir de varias cruces obtivéronse os seguintes datos: vermello
x vermello ----todos vermellos; branco x branco---todos brancos; vermello x branco----todos ruáns; ruán x
ruán----1⁄4 vermellos; 1⁄2 ruáns: 1⁄4 brancos.
¿Cómo se herda a cor da pelaxe? ¿Cales son os xenotipos dos pais e dos seus descendentes encada cruce?
Bloque II. Dos dous grupos de termos elixe un e agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos
relacionados. Valoración 1,5 puntos (0,3 puntos por frase correcta)
II.1. código, fermentación, síntese, cloroplastos, daltonismo, ARN, dexenerado, hereditaria, glicosa, xenético,
ADN, cromosoma X, ribosomas, ácido láctico, transcrición.
II.2. retrovirus, Acetil-CoA, locus, pontes dehidróxeno, hemoglobina, metabolismo, cromosoma, hemo,
ARN, interaccións, prostético, ciclo de Krebs, xene, ácido nucleico, covalentes
Bloque III. Das 20 preguntas de Verdadeiro/Falso hai que responder só a 15. As respostas erróneas
puntúan negativamente. Valoración: 1,5 puntos. Non escribir as respostas nesta folla.
1. A RUBISCO é a Ribulosabisfosfato carboxilasa.
2. As células vexetais carecen demitocondrias e no seu lugar posúen plastos.
3. Os ácidos graxos son sustancias anfóteras.
4. A quitina é un disacárido presente nas células vexetais.
5. A glicólise ocorre no retículo endoplasmático liso.
6. Na fase luminosa da fotosíntese prodúcese un gradiente electroquímico de protóns.
7. As pontes de hidróxeno e as interaccións iónicas son enlaces non covalentes.
8. A fecundación é a fusión dedous gametos diploides para formar o cigoto haploide.
9. As mutacións son unha fonte de variabilidade xenética.
10. A auga é un dipolo.
11. O enlace peptídico realízase entre dous aminoácidos.
12. Km é unha constante cinética dos enzimas.
13. Na meiose, a dotación cromosómica das células fillas é idéntica á da célula nai
14. Os leucocitos tamén se coñecen co nome de glóbulos vermellos.
15. Osesteroides son lípidos insaponificables.
16. O glicóxeno é un lípido de reserva.
17. As reaccións anabólicas son reaccións de síntese.
18. Os ribosomas son orgánulos membranosos.
19. Os macrófagos son células fagocíticas.
20. Os virus de eucariotas posúen membrana nuclear.
109

24

BIOLOXÍA
Pregunta Obrigatoria. Todos os alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • bioloxia
  • Bioloxia procariotas
  • Grao En Bioloxía
  • Bioloxía
  • Paau2001 Bioloxia
  • Paau2009 Bioloxia
  • Paau2004 Bioloxia
  • Paau2002 Bioloxia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS