platon texto 4

Páginas: 3 (686 palabras) Publicado: 20 de noviembre de 2014
Neste fragmento da Física de Aristóteles podemos apreciar que trata aspectos relacionados coa súa teoría do coñecemento (epistemoloxía) e co que se virá chamando “teoría das catro causas”. Xa que ameirande parte do texto versa sobre as causas, comezaremos o comentario falando da epistemoloxía, para poñela despois en relación co tema principal.
Aristóteles defendía, por un lado, a primacía daexperiencia (empirismo) sobre a teoría, a diferenza dos autores anteriores (Platón defendía a anamnesis, ou visión do coñecemento como lembranza da alma do que vira no mundo das Ideas, único fiablefronte aos sentidos, o que estaba tamén en relación con Parménides, que tamén defendía a pouca fiabilidade dos sentidos), ademais de rexeitar a anterioridade do coñecemento ou anámnesis, pois alma ecorpo estaban ligados, o que o facía imposible:
E xa que se trata de coñecer, e non cremos ter coñecemento de algo sen antes ter captado en cada caso o porqué.
Aristóteles fala aquí de “coñecer”, pero,qué é coñecer para Aristóteles? De acordo con el, existen distintos niveis de coñecemento, segundo o nivel de abstracción alcanzado. En primeiro lugar está a sensación, que é común a homes e animais,que coñece o particular; despois ven a memoria, tamén común a homes e animais superiores, que nace do recordo das sensacións particulares; a continuación temos a experiencia, que é propia dos sereshumanos, porque depende da coordinación racional das sensacións, aínda que segue sendo coñecemento de cousas concretas (por exemplo saber que unha planta alivia a febre despois de moito probala); e, porúltimo, o entendemento, propio do home, que coñece o universal (por exemplo saber por qué tal planta alivia a febre). Este último punto, o de coñecer o universal a través do entendemento, é o que tenrelación co coñecemento do porqué, é dicir, as causas.
A física de Aristóteles ocúpase de establecer, como fixeron os presocráticos (Tales de Mileto fíxase na auga, Heráclito no lume, Anaxímenes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Textos de platon
  • textos platon
  • Texto Platón
  • textos platon
  • TEXTO 4
  • TEXTO 4
  • PLATON coemntario de texto
  • Comentario de texto de Platón

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS