plazas

Páginas: 14 (3324 palabras) Publicado: 30 de noviembre de 2013
DOG Núm. 106

Mércores, 5 de xuño de 2013

Páx. 20473

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 28 de maio de 2013 pola que se convoca concurso de méritos específico
entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten
ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,
para cubrir postosde persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a
programas específicos desta consellería.
O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas
por persoal funcionario público docente que imparte ensinanzas reguladas na Lei orgánica
2/2006, do 3 de maio, de educación, prevé no seu artigo 3.2, que as prazas que nel se
indican poderán ser cubertas medianteo correspondente concurso específico de méritos
e polo prazo que se determine na convocatoria; as ditas prazas deberán ser provistas a
través dun concurso específico de méritos para a súa provisión mediante nomeamento
temporal con reserva do posto de traballo de orixe e polo tempo que se estableza na correspondente convocatoria, que en ningún caso poderá exceder en máis de seis anos.
Asímesmo, o artigo 5 do dito decreto establece que se poden cubrir por este mesmo
procedemento aquelas prazas que favorezan a elaboración de proxectos, innovacións curriculares ou metodolóxicas, entre as cales existen prazas de recente implantación ou de
difícil cobertura polo procedemento ordinario.

CVE-DOG: hyk1jvv7-cd31-wie1-73r0-omqm6s728dp9

Sendo necesaria a provisión de distintas prazas pormor dos diversos convenios entre a
Administración educativa e as distintas institucións ou entidades a que se refire o artigo 3
do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, e outras incluídas no artigo 5 do dito decreto, e tendo
en conta a habilitación que figura na disposición derradeira primeira do mesmo decreto
que autoriza o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para ditaras
disposicións que sexan precisas para a súa aplicación e desenvolvemento.
É polo que esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
DISPÓN:
Artigo 1.  Obxecto
Convocar concurso público de méritos específico entre o persoal funcionario de carreira
dos corpos docentes que impartan ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de

ISSN1130-9229

Depósito legalC.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

DOG Núm. 106

Mércores, 5 de xuño de 2013

Páx. 20474

maio, de educación, para adxudicar, en comisión de servizos, as prazas que figuran no
anexo I desta orde.
Artigo 2.  Participantes e requisitos
Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparte ensinanzas reguladas na Leiorgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que estea en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2012/13 e que estea en posesión do título de perfeccionamento en lingua galega, do
certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou certificación ou validación equivalente.
Enténdese tamén en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia
no 31 de agosto de 2013aquel persoal docente que desde un destino definitivo da Comunidade Autónoma de Galicia accedeu a un posto docente no estranxeiro e que debe reincorporarse obrigatoriamente a esta comunidade no próximo curso académico.
Artigo 3.  Lugar e prazo de presentación
O prazo para a presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,será de vinte días naturais
contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de
Galicia e poderán presentarse no Rexistro Único, Edificio Administrativo San Caetano, nas
xefaturas territoriais, ou ben na forma prevista no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común. No suposto de optar...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • plaza
  • La plaza
  • Plazido
  • la plaza
  • Plaza
  • Plaza
  • Plaza
  • Plaza

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS