Políticas lingüísticas en galicia

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 15 (3665 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 2 de diciembre de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
ACTORES E ESTRATEXIAS: UNHA HIPÓTESE SOBRE A FORMULACIÓN DOS DISTINTOS MODELOS DE POLÍTICA LINGÜISTICA EN GALICIA

A análise dos datos aportados ate o da agora permiten constatar

i) a existencia dun consenso social sólido, estable e duradeiro arredor tanto da necesidade de potenciar e mellorar a situación do galego (máis do 70%) e da importancia do galego como elemento daidentidade colectiva;

ii) que as competencias respecto do galego teñen mellorado notablemente pero sen que iso teña suposto unha redución ou empeoramento das competencias con respecto ó castelán, que de lonxe segue a ser a lingua que goza dunha mellor situación en termos de competencia e presenza social, e

iii) o cambio de política impulsado polo goberno bipartito impactos sobre todoós inputs da política (organización, regulación, orzamentos) e non tiña producido aínda efectos significativos sobre os resultados das políticas lingüísticas.

A irrupción da “cuestión lingüística” no debate político e sobre todo n campaña electoral das Galegas 2009 non responde a cambios nos resultados das políticas, nin tan sequera a unha modificación substantiva das percepcións evaloracións do conxunto da opinión galega sobre a orientación, o alcance ou os contidos desas políticas. Semella axeitado polo tanto formular como hipótese que a aparición do denominado “conflito lingüístico” responde a estratexias e comportamentos dos actores, máis que a existencia dun conxunto de condicións relativas a situación real dos dous idiomas, o rendemento do sistema educativo ou variaciónssignificativas nas percepcións colectivas.

Para analizar as estratexias dos diferentes actores e a súa evolución como factores explicativos do estoupido do “conflito”, é de grande utilidade a ferramenta dos Roles de Bruno Dente. De acordo co modelo, no escenario que conforma una política pública, os diferentes actores desempeñan una serie de roles ou papeis na formulación e implementaciónda mesma. Dente identifica os seguintes roles:

- O Promotor, que é o actor ou actores que ergue o problema e a súa definición, activa ós outros actores para armar coalicións de apoio, e abandeira una solución. O que lle move é o contido da política.

- O Director: é o actor ou actores interesados por obter un resultado, necesita que haxa una política con relativa independencia dosproblemas de desenrolo do proceso ou as consecuencias non desexadas.

- O Opositor, que é o actor ou actores que xogan en contra da política animada polo promotor.

- O Mediador, que é o actor ou actores interesados máis polo proceso de produción da política que polo contido da mesma. O que lle importa é o grao de consenso da solución, máis incluso que a propia solución en canto que é eseconsenso o que lexitima a súa presenza na política. Non ten por qué ter una definición propia.

- O Filtrador, que é a actor ou actores que non ten un interese específico na política pero ou ben actúa como voceiro de outro que si o ten ou a utiliza estratexicamente para gañar posición noutra política.

- O Porteiro, que é aquel actor ou conxunto de actores que dispón da poder de frearou vetar una solución concreta. Non ten un interese específico ou concreto na política, pero sen o seu consenso non é posible tomar una decisión.

O bilingüismo harmónico como equilibrio. 1983-2004

Neste período atopamos un espazo da política lingüística estable, caracterizado pola presenza de escasos actores, que manteñen durante estas dúas décadas un nivel de equilibrio en canto aoseu poder se refire:

- Por unha banda, un goberno liderado polo PPdG no que a cuestión da lingua ocupou na axenda política unha posición intermedia na axenda que optou pola negociación e o consenso en materia de política lingüística como así demostran as diferentes normativas aprobadas por unanimidade en materia de política lingüística: a LNL de 1983, o decreto 247/1995 e, na última...
tracking img