Recensión Introducción al estudio de la historia

Páginas: 11 (2624 palabras) Publicado: 4 de junio de 2013














Amanda Rei Castro
Grao en Galego-Portugués
Grupo D2



Josep Fontana, nado en Barcelona no 1931, é un historiador catalán e profesor emérito da Universidade de Pompeu Fabra. As súas principais liñas de investigación son a Historia Económica, Historia Española do XIX (en especial o paso do Antigo Réxime á sociedade capitalistaindustrial) e Historia de España e inscríbese dentro da historiografía marxista pola importancia concedida aos factores económicos que provocan desigualdades sociais. Recibiu abundantes medallas e honores ao longo da súa traxectoria. Das súas obras podemos destacar as máis notábeis como Por el bien del imperio. Una historia del mundo desde 1945, Europa ante el espejo ou Historia: análisis del pasado yproyecto social.
Introducción al estudio de la historia difire en moitos aspectos dun manual de historia habitual xa que non se trata dunha enumeración de acontecementos en orde cronolóxico nin estabelece diferenzas que clasifiquen, senón que considera a mestura dos distintos aspectos. Dalgún xeito recolle cuestións que afectaron ao home e as analiza de xeito global e evolutivo aspirando a unhaposíbel comprensión e reflexión crítica dos problemas humanos fundamentais, tópicos e prexuízos.






















1. EL ESCENARIO DE LA HISTORIA
O desenvolvemento da historia acontece no escenario que rodea ao ser humano e no que este realiza as súas actividades.
Toda enerxía aproveitada polos seres vivos procede en última instancia do Sol, este aproveitamentorepreséntase mediante os diversos niveles tróficos (ou sexa, alimentación).
O nivel trófico no que se sitúa o ser humano é o de carnívoro mais completa a súa alimentación con vexetais grazas á cocción. A gandería supuxo un gran avance no proceso alimenticio do home, xa que permitiu asimilar vexetais mediante o consumo de carne animal e leite.
Alén disto, o Sol proporciona unhas temperaturas adecuadaspara os seres vivos. Neste proceso teñen importancia, tamén, os mares (que actúa como regulador do calor e a relación dos humanos con este dáse mediante a pesca e a navegación) e ventos, grandes circulacións determinadas pola rotación do planeta que provocan as diferenzas climáticas.
O clima, diferente en toda a xeografía, inflúe nos cambios históricos e nas condiciona ás sociedades. A partirdestas diferenzas climáticas fixéronse patentes certos tópicos e prexuízos que xustificaron, por exemplo, a escravitude. Podemos estudar a evolución do clima a partir de certos rexistros naturais e explicar a que se deben os cambios nas temperaturas, mais, a pesar destes cambios, ás veces grandes, o ser humano foi adaptando as súas actividades e relacións co medio.
Tendo en conta estes aspectospodemos apreciar que o medio condiciona a evolución das sociedades, xa sexa dende a pretensión de dominio sobre a natureza ou a convivencia equilibrada con este. Estas dúas posturas poderían explicar, como no primeiro caso, un indiscutíbel progreso da sociedade occidental e no segundo o respecto e a adaptación á natureza como as sociedades precolombinas.
A historia estivo dominada por unha visióneurocéntrica que falou de descubrimento de continentes por parte dos europeos.

2. EL NÚMERO DE LOS HOMBRES: VIDA, SUBSISTENCIA Y MUERTE DE LOS SERES HUMANOS.

A poboación humana foi variando ao longo da historia, crecendo a ritmos diversos, influenciada por diversos factores, o máis importante é a súa capacidade de subsistencia. Tendo en conta esta condición, a historia da humanidade divídese endúas etapas: a primeira, na que desenvolveu as habilidades que dalgún xeito nos diferenciaron do resto dos animais permitiron que se adaptase aos cambios do clima e espallarse por todo o planeta, e unha segunda na que nos convertemos en agricultores. Cando desapareceron as pontes terrestres entre continentes cada grupo humano tivo que adaptarse ao medio no que se instalara.
En definitiva, o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Resumen De Introduccion Al Estudio De La Historia
  • Introduccion al estudio de la historia
  • introduccion al estudio de la historia
  • Introduccion al Estudio de la Historia
  • Introducción al estudio de la historia
  • Introduccion Al Estudio Del Derecho, Historia Del Derecho
  • Recensión “introducción arecensión: "
  • parcial domiciliario (taller de introducción al estudio de la historia)

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS