Recopilación Selectividade Galego

Páginas: 23 (5541 palabras) Publicado: 10 de febrero de 2015

LINGUA GALEGA EXAME 1



Eu son un home triste,
eu son un neno canso
e teño unha voz murcha,
como unha mau de néboa
rubindo cara ao sol;
unha mau a buscar
a Túa mau infinita.

Eu son unhome triste
que ando a pensar en min
i a cavilar en Ti.

Eu son un home
que te busca na terra
e non te ve nas rosas.

Que cando pensa acharte
nuns ollos traslucentes,
decátase de que iles
son ollos de door,
ollos dos cas que sufren
e bois baixo aguilladas
ollos con moitas bágoas.
Entón, Señor, ti fuxes,
i estas maus que son terra
somentes terra apreixan.

Eu son un home triste.Antón Tovar, Arredores, 1962



CUESTIÓNS

1. A quen se dirixe o eu do poema? Por que adopta un ton de desacougo e tristeza? [1 punto]

2. Por que, sendo un home, di “eu son un neno canso” (verso 2)? Apoia a túa resposta con referencias explícitas ao propio texto. [1 punto]

3. Redacta un texto expoñendo os motivos polos que, na túa opinión, a poesía é un xénero con menos lectoresque a novela [200-250 palabras] [3 puntos]

4. O poema non está escrito conforme o galego estándar actual. Identifica no texto sete formas non-estándar distintas e sinala a forma estándar correspondente a cada unha delas. [1 punto]

5. Indica:

a) dous sinónimos de rubir, cavilar, fuxir, apreixar.

b) un sinónimo e un antónimo de sufrir.










LINGUA GALEGAEXAME 2



O sector pesqueiro galego experimentou un forte proceso de expansión a partir dos anos 60 que se asentou en dous factores: 1) O medre na demanda de peixe como consecuencia do despegue económico. 2) Opotenciamento que desde o propio goberno do estado se realizou respecto da pesca de altura. Ao abeiro do Plan de Reconversión da Frota, aprobado en 1961, procedeuse á construción dun bo número de barcos conxeladores, que beneficiaron, sobre todo, á actividade pesqueira industrial.
Até 1977 a frota galega de altura contaba con case 500 buques e parecía constituír un sector capaz de manter uncrecemento sostido. Sen embargo, a situación mudou a partir dese ano. Para explicar esta contracción hai que sinalar dúas grandes causas: o envellecemento da frota de baixura (agravado pola situación de esquilmamento que sofren os nosos caladoiros) e a redución dos caladoiros internacionais. Aos problemas existentes en Marrocos, Irlanda ou Canadá, por mor da cuestión das augas territoriais, cómpreengadir as enormes limitacións que padecen os nosos barcos nos caladoiros comunitarios, así como a aplicación das normativas a respecto da reconversión da frota galega após a integración do Estado español na CEE e o desleixo que amosou o goberno español na defensa dos intereses galegos.
As consecuencias desta situación, cando menos as máis evidentes, foron, por unha banda, a prácticadesintegración da frota galega de conxeladores e, pola outra, a desaparición de case 4500 empregos entre 1977 e 1987, fundamentalmente na pesca de altura e conxeladora.


Bieito Alonso Fernández, en Historia xeral de Galicia, 1977


CUESTIÓNS

1. Indica cal é o tema do texto e fai unha breve síntese do seu contido. [1 punto]

2. Elabora un esquema coas ideas do texto. [1 punto]

3. No texto alúdesea certos problemas do sector pesqueiro derivados da integración española na CEE (actual UE). Expón de xeito argumentado as vantaxes e inconvenientes que na túa opinión ten a nosa pertenza á Unión Europea. [200-250 palabras] [3 puntos]

4. Identifica as dúas seguintes construcións sintácticas e comenta as diferenzas de forma e de nivel de uso existentes entre elas. [1 punto]:

O Plan de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • preparacion selectividade galego
  • Comentario Para Selectividade Galega, Aristóteles Texto 4
  • Galego
  • Galego
  • GALEGO
  • Galego
  • RECOPILACION
  • Recopilacion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS