Recursos turísticos
A ESTATUA DA CARIDADE
PARQUE DO PASATEMPO, BETANZOS
ÍNDICE
3 - COMENTARIO DA OBRA
5 - APÉNDICE DE IMAXES
7 - BIBLIOGRAFÍA E ENLACESCOMENTARIO DA OBRA
A obra que a continuación presentaremos será a da Caridade, realizada en Italia seguindo as indicacións de Benito Crespi para o seu cadro de “La Caridad Romana” ou a estatua de AntonioSolá, esculpida en mármore de Carrara a mediados do século XIX, a tamaño natural. Non coñecemos o autor, pero neste caso o que nos interesa é comprender a escultura como un obxecto dentro dunconxunto decorativo. Non falaremos só da estatua, senón de todo o Parque onde está ubicada, explicando a peculiaridade e a representatividade desta figura para comprender toda a obra filantrópica dos irmánsGarcía Naveira.
A estatua, sobre o pedestal que lle dá nome, representa a unha muller de mármore amamantando ao seu propio pai, condenado a morrer de fame, esposado. Aínda que agora a esteamos vendoás aforas do recinto do Parque Enciclopédico do Pasatempo temos que facer un exercicio de imaxinación e pensar que fai un século, cando se construíu, este Parque tiña un tamaño que serían nove veces oactual e esta estatua estaría próxima ao zoolóxico e ao estanque dos Papas, onde os irmáns García Naveira representaron con bustos, ao redor dun estanque, a todos os Papas da Historia ao igual quefixeran cos Emperadores romanos.
Seguramente non comprenderedes o que significa isto de Parque Enciclopédico do Pasatempos, precisamente porque é un exemplo único que bebe directamente de diferentescorrentes artísticias, que van dende o auxe dos xardíns franceses ás obras dos indianos que volven á súa terra, todo aderezado cun toque de moralidade e afán por inculcar todo o que eles descubriron.
Éque aínda que a día de hoxe non sexa máis que unha ruina recuperada do que algún día chegou a ser o Parque, temos que explicar que os irmáns García Naveira marcharon de Betanzos sen ser ninguén e...
Regístrate para leer el documento completo.